Artigos de X.Currás

Nosotros acusamos

Manifesto en contra da intervención da ONU e de determinados países europeos e norteamericanos en Libia.
Xosé Currás Nacín o 1 de Novembro do 1954 en La Guaira, Venezuela. Estudei, daquela maneira, porque me coaba nas súas aulas no Lar Gallego de Caracas, con José Velo. No Morrazo e en Vigo estudei até COU, índome logo para Madrid facer Ciencias de la Información, Periodismo en concreto. No 1975 traballei en La Voz de Galicia até que o deixei, pois que os meus pais pedíronme que lle axudase cos barcos de pesca da casa e a cousa podía interesarme. A intervalos andei entre o periodismo e os barcos e no 1981, en Xaneiro, entrei como redactor en A Nosa Terra, sob a dirección de Fina López. Apartir de Setembro dese ano até o do 1983 exercín como director dese periódico... por mais que non figure na historia oficial, que hai cada cousa que subleva, ainda que me trae ABSOLUTAMENTE sen cuidado. Fixen colaboracións en varios medios, incluida TVG; coordenei voceiros de varios concellos, como Carnota, Cambados, Malpica ou Corcubión; fun Xefe de Prensa do PNG-PG entre Outubro de 1987 e Maio do 1990.