Artigos de Manuel H. Iglesias

Eurovegas e o fume electoral

Híerática ela , o mesmo fai unha cousa e logo anuncia a contraria. A súa imaxe transmite indolencia, falla de sensibilidade, frialdade e distancia. Logo fala de recortar deputados e eliminar soldos como se esa fora a solución dos graves problemas que temos. Pero días atrás proclamaba o contrario. Claro, esquecendo que ela superaba con moito os 200.000 mil euros anuais de soldo.

Segregar por sexos

Un raposo corría tras un galo coa intención de fincarlle o dente e comelo. O galo moi axil na fuxida encaramouse no alto dunha árbore. E o raposo vendo que non podía acadar o seu obxectivo tentaba convencelo mediante promesas verbais. Mira galo: as cousas cambiáronche moito, pois hai unha lei nova que di que todos nos temos que levar ben, polo que podes baixar seguro para sermos uns bos amigos. O galo, desconfiado, replicoulle: mira raposo as leis do rei van e veñen a comenencia de quen goberna.

A parafernalia da volta do libro

A fantasía de Mendez Ferrin, que deu lugar a aquela obra de teatro que circulou con moito éxito por toda Galiza a principios dos oitenta do século pasado, quedouse corta co acontecer que vivimos estes días coa aparición do libro medieval. Celtas sen filtro, era un retrato da sociedade galega do momento na que, por mor da chegada dun papa a Compostela, e despois de dar o croque de rigor ao santo, descubriu que baixo a catedral habían unha grande bolsa se petróleo. Había unha riqueza grandiosa que explotar.

Autocomplacencia

Pois non sei que é mellor, si autocomplacerse para fuxir da realidade paupérrima que temos, ou si vivir mirando para outro lado ignorando que somos unha terra que morre devorada pola endogamia das súas propias estructuras de poder.

Compromiso por Galicia

Cando o presidente Rajoy aínda está nos medios de comunicación anunciando o gran logro da intervención da nosa economía; Cando hai uns día el afirmaba que de rescate nada de nada, e agora, diante unha sociedade un tanto desconcertada e cansada de escoitar trolas piadosas, anuncia este gran logro político, pois seica nos agasallan con 100 mil millóns de euros porque xogamos ben ao futbol e somos guapos, en Galicia, e concretamente en Ourense, presentouse unha nova formación política. Compromiso por Galicia. Nace esta nova formación coa intención achegarse á realidade social e política deste país prara trocala e mellorala pois, dende hai case catro anos, navega un tanto desnortado e vai camino de converterse nunha autonomía de de segunda ou terceira división.

O despilfarro do Gaiás

Agora que estamos no tempo dos recortes e que hai que pagar taxas por recurrir á xustiza, á sanidade pública, e, segundo parece, logo haberá que facelo por circular polas autovías sen peaxe, un grupo de amigos da Asociación Cultural Agromadas visitamos a chamada Cidade da Cultura en Compostela.

Divorcio Social

Con moita frecuencia escoitamos afirmar que, cando un dos membros dun matrimonio perde a confianza no outro, a parella está rota ou a piques de divorciarse.

Vilamor, unha historia interesante

Saturado de escoitar falar de tanta crise, de quen minte para xustificar erros e políticas regresivas, decido ir ao cine e escollo, na oferta que hai, unha peli das poucas que se fan en galego. Chámase Vilamor.