Artigos de Manuel H. Iglesias

Un patio de vecindade

Como se fora un patio de vecindade e pouco menos que unha tasca onde se discute de todo; onde se mofa e se banaliza, o presidente da Xunta, nun alarde de verborrea, insulta a un grupo político, sin que a presidenta do parlamento lle diga nada. E, o portavoz do grupo insultado, contesta con outro insulto, amosando ámbolos dous un nivel nas formas que arrepía.

Reformas que son contrareformas?

Nin en agosto se pudo estar tranquilo, pois o mes no que hai máis xente de vacacións, veu cargado de novas tristeiras e preocupantes e de algunha que ten viso de ser esperanzadora.

Nacionalismo bo e nacionalismo malo

Cantidade de veces resulta difícil discernir entre o que se entende por nacionalismo bo e nacionalismo malo. Pois segundo os asinantes do manifesto dos cincuenta intelectuais, que hai días se presentou en Madrid, todo o nacionalismo que non é o español é o malo, cuestión difícil de entender pois, por qué razón resulta malo e nocivo quererlle a unha terra, defender a súa propia lingua e cultura, sobre todo cando esta foi agredida polo nacionalismo supostamente bo durante tantos anos?.

Reforma electoral de Comenencia

Cando quen goberna promulga un decreto ou unha lei, no preámbulo da norma xustifica a súa existencia en base ás necesidades e demandas da sociedade e, ademáis, remarca ás intencións que persigue acadar, ornamentando sempre o limiar de boas intencións que traerán moitos beneficios para os gobernados; aínda que, na manioría dos casos, os lexisladores e os gobernantes, saben que no que propoñen agóchanse intencións que non son expostas no texto, pois levantarían protestas dos cidadáns por seren negativas para a maioría social. Exemplos hai para facer un bo relatorio: reforma laboral que trouxo recortes laboráis e máis paro, e a futura lei do aborto, que elimina dereitos adquiridos.

Esquerda ou dereita?

Con suma frecuencia, e agora que andamos en pre campaña das europeas, con máis intensidade, varias organizacións políticas denominadas de esquerda e algunha que pulula no eido nacionalista galego, acusan as forzas galeguistas da chamada periferia do Estado de seren unhas organizacións conservadoras e de dereitas, pois non comparten puntos de vista teóricos coas que, estando dentro do sistema, afirman que o queren trocar sen seren capaces de propoñer outro alternativo ó actual; incluso cando gobernan fan políticas semellantes ás que fan os populares e que agora son rexeitadas maioritariamente pola sociedade.

Unha voz tenebrosa

Falan, a grande maioría, cunha voz que anuncia treboadas e disgracias; falan cunhas verbas que resoan a medo pois, sibilinamente, anuncian disgracias e maldicións bíblicas. Fan premonicións que veñen do máis alá, do fondo das tebras. E para elo, aproveitan os actos de estado para que as súas misivas se escoiten e teñan resonancia por todos os lugares da orbe.

Pero, houbo diálogo social?

A verdade é que os aconteceres na política diaria non deixan de seren un tanto desconcertantes e mesmo contradictorios. Pois, que agora se fale de dialogo social, despois da reforma laboral que o goberno de Rajoy implantou deixando de lado ós sindicatos, parece máis ben unha broma de mal gusto que unha boa nova.

Anova na encrucillada

Como se fora o parto dos montes, dende a marcha de Quintana, e o abandono do BNG de dous sectores que conformaban a fronte política, unha parte do nacionalismo galego baixo as siglas de Anova, busca unha definición clara do que pretende ser, cara onde quere ir, e con quen o fai, motivo polo que non atopa acougo político. A falla de definición, os pactos con forzas de ámeto estatal, un proxecto que supere o teatralismo e o exabrupto permanente, colocaron a esta formación nun terreo complicado, que amosa unha división interna seria e difícil de restañar.