Falou o presidente

Poderemos estar ou non dacordo, pero a entrevista do presidente Mas que recentemente fixo nunha televisión, amosou a un lider que, ademáis de saber o terreo por onde pisa, é un dirixente que defende os intereses dos cataláns, con argumentos sólidos e democráticamente impecables.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 06/10/2014

Comparte esta noticia
Non cabe a menor dúbida que os problemas políticos non se resolven coa   aplicación  drástica da lei. Pódense parar momentáneamente pero siguen á espera dunha solución política. Iso aconteceu no franquismo condenando ás provincias vascas como traidoras, eliminando as autonomías da república e prohibindo os idiomas distintos ó castelán, e  durou un tempo, pero o problema, camiño de arranxarse  seguiu ate a constitución de 78 que lle deu unha saída.  E agora, despois de máis de trinta anos, as reivindicacións catalanistas, por non falar dalgunhas, fóronse  enquistando e temos un problema  que hai que resolver.  Todo isto acontece  cando nun pobo hai milleiros de persoas que sinten e pensan doutra maneira do resto do conxunto do Estado e ademáis son sabedores do seu gran  potencial económico, creativo, cultural  e emprendedor, dentro desta España diversa. Polo que, o  mellor é falar para buscar consensos e chegar a acordos que, ter que  contestar sempre coa lei na man. Pero acontece que, nesta España, existen cantidade de cousas que parecen dogmas intocables. Pois, para  moitos, por descoñecemento da historia, isto é unha nación única. Pero, cando unha parte non o acepta e non se sinte a gusto, non parece responsable deixar que o problema se pudra. E iso foi o que aconteceu con Catalunya dende que o Constitucional tumbou parte do  Estatuto.
 
Posiblemente si se fixera a consulta a gañen os que queren  seguir dentro de España, pero mantendo unha relación diferente no económico e considerando que o Estado é unha nación de nacións. E se iso é a solución,   benvida sexa.  Pero non, eiquí seguimos co lema da nación única.
 
 Os pobos son o que queren os seus habitantes, e nada do que hoxe existe, agás as cuestións de fe que  son inmutables e escapan á razón, durará eternamente.  
 
Cataluña, ao igual quer Esuscadi e a nosa terra, teñen a súa personalidade e o seu idioma, pero a cultura dominante neste solar xeográfico intentou machaconamente afogar a personalidade colectiva destas comunidades e con elo o espítitu e forma de vida; pero os anos pasaron e hai cousas que non mudaron e aínda perduran no tempo.
 
Cantidade de veces escoitamos dicir que o nacionalismos períferícos son nocivos, perversos e malévolos, e consideramos un único nacionalismo como bo.  E, sin sentirse poseedores da razón absoluta, moitos pobos reclaman o dereito a súa existencia. Que é tanto como reclamar a súa personalidade para non diluirse nun mundo impersoal e uniformador tan o uso actualmente. En fin, o presidente da Generalitat, na entrevista referida deu unha lección de saber estar, de defender ós cataláns, e de palntexarlle, argumentando seriamente,  as reivindicacións dun pobo que se nega a desaparecer como tal. Polo que o goberno do presidente Rajoy ten un problema político serio de esncaixe de Catalunya dento da actual constitución; problema que non se solucionará coa aplicación das leis sin máis. 
 
Os presidentes das comunidades foron elexidos para defender ás mesmas e os intereses colectivos das súas xentes. Tome nota o presidente  Feijoo, pois pola forma de actuar na Xunta máis parece máis  un presidente dunha gran Deputación que o representante dunha autonomía con rango de nacionalidade como é Galicia; pois a súa forma de gobernar, xunto cos seus conselleiros, na maioría dos casos, resulta moi  negativa para esta terra,  e moi pouco respetusosa coa súa lingua e cultura. 
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com