Un patio de vecindade

Como se fora un patio de vecindade e pouco menos que unha tasca onde se discute de todo; onde se mofa e se banaliza, o presidente da Xunta, nun alarde de verborrea, insulta a un grupo político, sin que a presidenta do parlamento lle diga nada. E, o portavoz do grupo insultado, contesta con outro insulto, amosando ámbolos dous un nivel nas formas que arrepía.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 19/09/2014

Comparte esta noticia
Desta maneira o  Parlamento de Galicia  estase a convertir nunha xaula de grilos, cuestión   que en nada beneficia ó pretíxio da institución.  Ate agora, soamente Beiras tiña o atrevemento de contestar con verbas grosas que, non exentas de razón, a poucos lles gustaban pois, podíase dicir o mesmo sen entrar no exabrupto permanente e na espantada para dar a nota. Pero o estilo de cada quen e un signo de personalidade, e pódelle  gustar a un sector minoritario da sociedade pero, á gran maioría danlle arrepios cando nunha institución se chega ó insulto e se fuxe da boa forma de comportarse verbalmente.
 
O acontecido recentemente no pleno parlamentario  entre Feijoo  e o voceiro do BNG non resulta  ilustrativo nin positivo. Mais ben todo o contrario. Que o presidente  lle chame tonto útil á política do BNG resulta insultante e mesmo despreciativo e molesto. Pero tamén chama a atención que o Sr. Jorquera lle entre ó trapo e  arremeta contra o presidente con outro insulto, podendo quedar como un cabaleiro pedindo que se retirara esa ofensa, e punto. Comprendo o cabreo, pero a un insulto non se lle contesta con outro.
 
Lamentable espectáculo o que dá un goberno que se chulea da oposición;   que a ningunea e se rí dela. Con iste panorama a política nesta terra está a tomar visos de traxicomedia barata, onde se fala de todo e se banaliza sobre os graves problemas que temos como sociedade.  E cada día que pasa,  o lugar da soberanía dos galegos, aseméllase máis a un patio de vecindade ou a un programa de televisión rosa onde se fala das intimidades  e se insulta permanentemente.  Entendo que a oposición está desesperada polas cacicadas, recortes sociais , privatizacións  e amaños que se fan dende o poder; que está desnortada e non lle ve saída nin futuro ó país.  Pero mentres ninguén  ofreza unha alternativa crible  e sería para gobernar esta terra, seguirán no poder os mesmos, aínda que estén sinalados por mil casos de dusosa legalidade. E Galicia seguirá   camiñando   sen esperanza e  seguirá a ser gobernada polo grupo político   que, á vista dos cidadáns, apareza como  o máis unido, aínda que esté cheo de corruptelas e cacicadas. 
 
Pero iste país é o que  é,  e conforme temos un goberno que xestiona unha  televisión que soamente  pon programas  chabacanos e de festa permanente, adornada con merengues e meneos de cadeiras, para debuxar unha realidade distinta a real,  no noso parlamento discútese e insúltase,  fuxindo dunha maneira burda do  acontecer diario.   
Tristura , ó ver que unha institución onde está a representada a vontade dos cidadáns, aparece diante todos como un bar ou unha tasca onde impera o insulto, sin que presidenta o corte de raíz.
 
En fin, necesitamos que os insultados non lle entren ó trapo ós que insultan, e que urxentemente se adiquen, con ánimo serio, a crear unha alternativa programática  de goberno para, democráticamente,  apear do poder ós que destrúen esta terra.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com