Artigos de Lois Pérez Leira

Candidatura de unidade popular: gañemos Galicia

As recomendacións internas por parte do Consello Cidadán de PODEMOS do 29 de novembro en relación ás próximas eleccións municipais xerou un novo escenario de confluencia cidadá. A toma de distancia desta formación en relación a marcas xa preestablecidas no conxunto do estado como Gañemos ou, nalgunhas cidades, respecto ás Mareas, xerou un revulsivo xeralizado.

Semellanza entre Podemos e o Kirchnerismo

A agrupación xuvenil kirchnerista A Campora da Arxentina e o fenómeno PODEMOS do Estado Español, teñen algunhas similitudes e puntos de coincidencia. Ambos os dous fenómenos prodúcense no seo da mocidade, como parte dunha rexeneración democrática, fronte a unha clase política que actúa con métodos antigos e obsoletos.

Bergoglio e Pablo Iglesias

A presenza e o discurso do Papa Francisco ante a cámara de eurodiputados foi un sinal de valentía política deste Papa que nos sorprende cada día.

O fenómeno de Podemos

A impetuosa aparición de PODEMOS na escena política do Estado español, converteuse nun fenómeno nunca antes visto na xeografía europea. Moito se está escribindo sobre este fenómeno, que acapara as noticias, comentarios, faladoiros e editoriais, non só do territorio español, senón tamén do exterior. Moitos queren darlle unha interpretación a este fenómeno e cada analista, ou a propia xente, saca unhas conclusións distintas. Malia iso existen algunhas claves, para poder lograr achegarnos á análise máis correcta. Por unha banda este movemento é unha expresión do 15 M, sen aquel acontecemento - semellante ao Maio Francés- non existise a creación de PODEMOS. Naquel histórico movemento cidadán a poboación manifestouse en todos os recunchos da península, contra a clase política gobernante, esixindo maior democracia e participación cidadá.

Podemos e o xenocidio do PP

As enquisas do CIS marcan o avance imparable de PODEMOS e os intentos desesperados da dereita de atemorizar á poboación, con este fenómeno.

Por que Gañemos?

A decisión de PODEMOS de non concorrer a estas próximas eleccións municipais coas siglas do seu partido, -impulsando á súa vez as candidaturas ciudanías-, desatou unha desesperada carreira de creación da mesmas. Guayen Barcelona e Gañemos Madrid convertéronse nos barcos insignias destas alternativas, que se reproduciron aos longo e ancho de Estado Español.

Por unha política activa de turismo sostible para Vigo

Malia a chegada do Crucero máis grande do mundo con miles de turistas e a recalada case a diario destes barcos, que fan unha parada da súa itinerario durante ao redor de 12 horas.

Un 27 de septiembre con Baena na Lembranza

Foi un 27 de setembro de 1975 no porto de Bos Aires. O “Cabo San Roque” soltaba amarras para Vigo, mentras un cento de amigos e familiares dábannos un emocionado adeus. Bos Aires estaba gris e poallaba namentras aqueles xoves comezaron a gritar a coro: “ que se muera...que se muera...” ó primeiro non entendiamos por qué cantaban, nin o contido daquelas palabras, até que decatámonos que naquel intre, Franco cometería a súa derradeira “fazaña”, o asasiñato de cinco xoves antifeixistas. Os meus amigos, todos eles de esquerdas, querían que o seu repudio fose escoitado.
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.