Por unha política activa de turismo sostible para Vigo

Malia a chegada do Crucero máis grande do mundo con miles de turistas e a recalada case a diario destes barcos, que fan unha parada da súa itinerario durante ao redor de 12 horas.

Por Lois Pérez Leira | Vigo | 04/10/2014

Comparte esta noticia
Coa visita destes turistas benefícianse especialmente a hostelería de Vigo, da zona céntrica. Onde se aprecia que o consumo que realizan fundamentalmente está nas terrazas da rúa do Príncipe. Pouco máis é o que consumen na nosa cidade. Outra parte dos crucecitas aproveitan para visitar Compostela. Os que se quedan na nosa cidade deambulan sen ningunha programación pola cidade, chamándolle a atención a escultura do vendedor de xornal Manuel Castro que co seu dedo sinala o ceo. (O xornal que sostiña co seu dedo segue sen aparecer).
 
O recordado Castro é a foto obrigada dos turísticas que se marchan sen entender de que se trata, aquel monumento dun home baixiño, que mira para o ceo sinalando o infinito. Quizais nos leste sinalando que todo nos iremos para o ceo. Menos os políticos vigueses que nos gobernaron durante tantos anos e converteron á nosa cidade na capital do enchufismo. A eles debémolos de enviar todos xuntos ao inferno, nas próximas eleccións municipais.
 
O certo é que a nosa cidade polo seu clima, non pode ofrecer como única opción o seu sol e as súas praias. Este ano o verán foise ao Caribe. Doutra banda a industria do turismo sostenible debe ser parte dun proxecto de cidade, que poida xerar actividade comercial, para os empresarios e emprego para os vigueses.
 
A posibilidade de que o próximo goberno municipal este dirixido por unha plataforma cidadá -cando os distintos espazos alternativos da cidade decidan confluír, chamase Marea de Vigo, Gañemos Vigo ou o BNG- abre a posibilidade de poder discutir e programar unha política activa do noso turismo local. O cal debe ser complementario con outros lugares próximos da cidade ou do norte de Portugal.
 
Vigo a parte da súa paisaxe e a súa gastronomía, ten que ofrecer aos turistas cultura e espazos de lecer, para visitar no longo inverno. Para iso é necesario reestruturar os museos da cidade, reconvertendo algúns deles, como o Museo da Palabra, que foi un fracaso anunciado durante o goberno de Carlos Príncipe.
 
A experiencia indica que algúns sobran ou están mal deseñados e que faltan outros como o Museo da Emigración Galega. O museo da emigración de Nova York é o máis visitado do país máis poderoso do mundo. ¿Como se pode entender Galicia e Vigo sen un museo da emigración?. Cando foi este fenómeno, xunto á pesca e a industria naval, a impulsora do crecemento da nosa cidade.
 
Cando era Presidente da Autoridade Portuaria o gran vendedor de ilusións Abel Caballero o noso “Pinocho vernáculo”  prometera na Estación Marítima un espectacular acuario, só quedo a maqueta. Tamén nos recordamos da promesa demagóxica electoral do PP, como foi o Monte Encantado, do ex alcalde Manuel Pérez.
 
O certo é que a nosa cidade clama por unha política activa de desenvolvemento do turismo sostenible, para iso débese convocar a todos os sectores implicados e interesados en potenciar ao turismo como motor de desenvolvemento da nosa cidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.