No informe ambiental recóllese que a Dirección Xeral de Patrimonio Natural emitiu nun primeiro momento un estudo desfavorable por diversos impactos e foron necesarios ata catro informes correctores do promotor para conseguir a autorización na que "non é previsible" que "xere efectos significativos".
  comenta   0
A asociación ecoloxista Adega lanza unha campaña de recadación para recorrer no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) o polígono eólico 'Restelo', que prevé a instalación de seis aeroxeradores de 200 metros de altura en Navia de Suarna, Baleira, Becerreá e A Fonsagrada.
Este polígono forma parte dun único macroproxecto eólico xunto con Rodicio II, tamén paralizado cautelarmente polo TSXG. Nel habitan especies coma o lobo ou a aguia real, o voitre branco e o millafre real
  comenta   0