"En 1963 foi ENCE, en 2025 ALTRI, sesenta anos despois o único que ofrece o Partido Popular é o mesmo franquismo industrial das macrocelulosas”, denunciou a líder do Bloque", critica.
  comenta   0
Estes municipios prevén contratar a subministración de enerxía eléctrica para as dependencias, instalacións e iluminación pública mediante procedemento aberto suxeito á regulación harmonizada para un servizo de prestación obrigatoria para todos os municipios.
Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa denuncian o perigo da papeleira que se quere construír en Palas de Rei. A empresa ofrecerá a próxima semana xornadas informativas en Melide, Agolada, Santiso e a comarca da Ulloa para explicar o proxecto.
  comenta   3
"A N-640 adoece dunha mala configuración debido a un trazado sinuoso con curvas perigosas, sobre todo na zona da Agolada", insiste Rego. Outro factor a ter en conta, engaden, é que esta vía conecta localidades e funciona como "a principal travesía urbana" en municipios de Lugo como Meira, Monterroso, A Pontenova, Antas de Ulla, e outros de Pontevedra como A Estrada, Silleda, Caldas de Reis ou Vilagarcía, "outro elemento de risco para a seguridade viaria".
  comenta   0
O parque eólico Estivada, promovido por Green Capital Power, proxecta un total de oito aeroxeradores de 200 metros de altura no centro xeográfico de Galicia, entre as provincias de Lugo e Pontevedra, en montes próximos á Serra do Careón, un espazo natural protexido como Rede Natura.
  comenta   0