Durante os operativos, tramitáronse 13 sancións por uso de auriculares durante a condución, cinco por circular por zonas peonís, dúas por manexo de móbil e un por realizar modificacións ilegais no vehículo.
A psicóloga Nadia Peláez explica que "o uso de cascos non é malo en si mesmo, porque moitas veces tamén pode axudar a desconectar, o que acontece é que si que se aprecia unha tendencia entre os máis novos, igual que pasa co móbil e outros dispositivos, a abusar destas ferramentas".
  comenta   0
O psicólogo Roberto Antón Santiago asegura que "se tende moito a estigmatizar este tipo de cousas e de condutas propias da adolescencia, como se todo o que fan os rapaces e as rapazas fose problemático, sen lembrarnos de que nós faciamos o mesmo aínda que fose doutro xeito".
  comenta   0