Segundo recolle o Diario da Universidade (DUVI), estas proteínas poderían usarse para o desenvolvemento de novas vacinas e tratamentos, polo que o grupo, dirixido polo profesor titular Miguel Areas Busto, conta cunha axuda de 125.000 euros do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
O CITMAga (Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia), impulsado polas tres universidades galegas, traballa xunto ao CSIC no proxecto DYNAMO-bio, para o desenvolvemento de métodos matemáticos con aplicacións biolóxicas e biomédicas, entre elas, o control do nivel de glicosa nas persoas con diabetes.
  comenta   0
O obxectivo da iniciativa Twinflag é investigar vías de sinalización e mecanismos de comunicación celular dirixidos a identificar novas dianas terapéuticas para combater o cancro e outras patoloxías relacionadas co envellecemento, como a artrose.
Jácome carga contra Xunta, Goberno central e universidade pola "lista de agravios" que sofre a cidade en detrimento do eixo atlántico
  comenta   0
O novo programa, coordinado por Juan Pablo Hervés, investigador do CINBIO, ofrece neste primeiro curso un total de 12 prazas, coas que os aspirantes poderán optar a liñas de investigación como as terapias avanzadas, sistemas e sensores para monitorización en medioambiente e saúde; nanomateriales funcionais; prevención de enfermidades, dispositivos e biomarcadores para a detección temperá; alimentación, nutrición e seguridade alimentaria; ou estratexias de sustentabilidade.
Para buscar o novo antiviral realizáronse ensaios de cribado a partir dunha colección de distintos derivados multivalentes do triptófano.
  comenta   0