A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) advertiu de que as comunidades autónomas non se prepararon para previr e combater os incendios forestais, que "xa arrasaron máis de 11.000 hectáreas durante o mes de xuño".
  comenta   0
Son, en total, case un milleiro de profesionais que ata o 2023 viñan traballando ao longo de seis meses ao ano e que, a partir deste momento, e de maneira progresiva, foron incrementando os seus contratos para chegar ao oito meses en 2025 e ao nove en 2026 e anos sucesivos.
  comenta   0
Tras entregar 18 novas motobombas que se distribuíron en 15 distritos forestais das catro provincias, o Goberno galego incorpora seis destes novos vehículos deseñados polo servizo do SPIF.
  comenta   0
A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte, concluíu unha acción formativa dirixida a brigadas de bombeiros forestais sobre o manexo de lume técnico no Centro Integral de Loita contra o Lume de Toén (CILL).
  comenta   0
Rueda quixo deixar pechada a problemática cos traballadores contraincendios no tocante a consolidación de prazas, horarios e seguridade laboral antes das eleccións. O 23 de xaneiro de 2024 anunciaba medidas de melloras nunha reunión na sede do PP con representantes de asociacións profesionais, ningunha delas sindicatos. A pesar da reunión, o 25 de xaneiro houbo unha protesta dos e das traballadoras do sector que finalmente conseguiron uns acordos a pouco máis dunha semana das eleccións.
  comenta   0