"Agora xa ninguén quere mobles ornamentais, nin pasamáns tallados", asegura o artesán, que lamenta que, todas estas circunstancias sumadas, fixeron que este oficio "fose morrendo ou quedase practicamente residual". Dende o Galicia Confidencial reflexionamos con este artesán sobre a decadencia desta fermosa arte.
  comenta   0
Francisco Fra, o último carpinteiro de ribeira na Mariña, perdía o pasado martes o seu estaleiro e con el un patrimonio histórico de valor incalculable. Non dubida da intencionalidade do lume mais agora quere centrarse en recuperar o seu lugar de traballo. As mostras de solidariedade con Francisco Fra deixáronse sentir tanto entre os carpinteiros de ribeira de toda Galicia, entre a veciñanza e autoridades. Conversamos con el logo do forte golpe que é ver desaparecer un estaleiro con 200 anos de historia na ría de San Cibrao.