"No pobo galego hai resistencia desde sempre. Hai moitas emocións dentro, ao final moitos galegos poden sentir a típica, mítica, morriña. Esa sensación de 'voltar' ou de estar fóra e sentir a morriña, a sensación esa. E logo, defender a terra, a pureza e nosa Galicia", explicou o galego nunha entrevista.
  comenta   0
Cómpre lembrar que no 2024 Emilio Cao recibiu o Premio Honorífico Martín Códax da Música, polo que nesta xornada quixeron destacar ao compostelán como "gran referente para todo o sector musical galego".
O músico, compositor e investigador da música tradicional galega lembra o labor silencioso das cantareiras e chama a recoñecer o patrimonio que "nos constrúe como pobo". "Aquel canto das avoas era o noso espírito", comenta, visiblemente emocionado.
  comenta   0
Terá lugar o vindeiro martes 6 de novembro na sede dos Estudos Mans, na Coruña, e nace coa finalidade de impulsar a profesionalización da actividade musical emerxente en Galicia e de promover os novos talentos, ademais de apoiar o potencial dos profesionais como axentes de transformación social.