Ten subscrito un contrato de promoción turística da cidade a través da conexión aérea con Londres que presenta "graves" incumprimentos tanto en materia de número de voos como das accións publicitarias comprometidas.
Concello de Vigo asignará 230.000 euros a ONG e entidades para buscar vivendas para familias vulnerables. A oposición tacha a medida de "cortina de fume" e "estafa" porque só prevé facilitar o acceso a 10 vivendas ao ano
Ambos partidos animan a participar na manifestación pola sanidade pública convocada este xoves 16 de xaneiro en Vigo pola Plataforma SOS Sanidade Pública.
  comenta   0
O Concello de Vigo atribuíu expresamente a este traballador "competencias e funcións non adscritas ao seu posto, relacionadas con festas e eventos culturais de carácter especial para a cidade".
A Policía Local xa devolveu ao seu lexítimo dono esta bolsa que contiña case 2.000 euros e numerosos obxectos, incluíndo o DNI.
A exconselleira afirma que o bipartito "analizou todas as opcións", pero que o ía a financiar a través da Sociedade Pública de Investimentos
  comenta   0
"A día de hoxe ademais de estar a perder máis do 14 % de poder adquisitivo e de deixar claro á empresa que renunciabamos a recuperar os salarios perdidos, o que supón un aforro de máis de 3,5 millóns de euros para Vitrasa polos anos 2021 a 2023, néganse a pechar un acordo por unha cantidade tan ínfima como 135.000 euros despois de recibir millóns (estes 135.000 sería o que lle suporía á empresa o 0,9 % que solicitou o comité, segundo os seus cálculos)", sentenciaron dende o comité de empresa.
En concreto, xa están en Valencia 60 profesionais de loita contra incendios da Xunta, así como outros sete profesionais da Axencia Galega de Emerxencias e seis axentes da Policía Autonómica, entre outros efectivos. Todos eles partiron esta noite para alí.
  comenta   0
Ese cartón poderá solicitarse a través da páxina web municipal (www.vigo.org) ou de forma presencial no propio Concello, a partir do luns 28 de outubro.
Delegados da CIG concentráronse este xoves ante o Concello de Vigo como protesta polas trabas do goberno municipal á instalación dun monumento conmemorativo, sufragado polo sindicato, das loitas obreiras de 1972.
O CEIP Altamar insiste en pedir axuda ás administracións e asegura que si informou o Concello de Vigo da praga de cascudas.
Nun comunicado enviado aos medios de comunicación, asegura que tanto o dono da atracción como a comisión de festas tiveron notificación escrita da "falta de autorización" por non atender os requirimentos de documentación.
O Concello de Vigo insiste en reclamar ao do Porriño o pago de case 6 millóns pola subministración da auga. O concello porriñés asegura que pediu documentación e reunións co goberno local olívico, que nunca contestou.
Así, a edil e deputada Elena Espinosa seguirá como terceira tenente de alcalde, mantendo a responsabilidade en Fondos Europeos, por ser unha "gran interlocutora co Goberno de España"; Medio; Educación, e Normalización Lingüística.
O portavoz do grupo municipal 'popular', Miguel Martín, fixo balance do "bochornoso papel" que xogou o rexedor socialista durante este ano, durante o cal "púxose de manifesto que o concurso aberto que se licitou estaba redactado 'ad hoc' para que banda estadounidense actuase na cidade a cambio de case 1,9 millóns".
A existencia de feitos "tan graves" como comunicacións privadas entre o goberno e a promotora, "presuntamente para levar a cabo un patrocinio de case dous millóns de euros fóra do marco legal mesmo durante a tramitación do falso concurso público", non poden quedar "sen resposta" por parte do alcalde.
PP, BNG e PSOE apoiaron, de forma conxunta, no Parlamento galego unha iniciativa para prorizar o proxecto da Biblioteca Pública do Estado en Vigo.
A Xunta de Goberno do Concello de Vigo deron este venres a súa conformidade ao proxecto para reformar a Avenida de Madrid, unha das principais vías de acceso á cidade desde a meseta e Portugal, e en cuxas obras, que comezarán a principios do ano que vén, investiranse 16,8 millóns de euros.
Membros da plataforma Amigas das Árbores e outros colectivos veciñais e ecoloxistas concentráronse este xoves na rúa Falperra para impedir a talla de varias árbores programada polo Concello de Vigo, e os operarios acabaron por marcharse sen levar a cabo esas tarefas.
  comenta   0
A Xunta asina un convenio de colaboración con Vigo para revitalizar Bouzas por valor de dous millóns de euros.
  comenta   0
A Deputación de Pontevedra enviou este luns ao Concello de Vigo o convenio para a reforma da bancada de Gol do estadio municipal de Balaídos e asegurou que podería asinarse "esta mesma semana, se se quere".
Tras reivindicar que non piden un aumento de chan, senón máis persoal para facer fronte aos seus labores, lembraron que a escaseza de traballadores mantén "abandonada" á cidadanía.
A Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos (UPTA) lembra que isto supón unha fraude ás arcas da Seguridade Social, xa que se deixan de ingresar miles de euros.
O BNG denuncia as "mentiras" do goberno local, que aínda non iniciou o trámite de modificación orzamentaria para pagar.
Tras ser preguntada pola intención de Caballero de facer de Cíes Xeoparque Mundial, Ángeles Vázquez dixo que "eu entendo que non reúne as condicións como tal, trátase dunha illa".
O BNG quería tramitar unha moción de urxencia sobre a censura de relatorias pro nacionalistas nunhas xornadas da deputación, que PPdeG e PSdeG negaron tras explicar o secretario do pleno que non entraba dentro da normativa.
  comenta   0
Un grupo de biólogos da UVigo fai un chamado urxente para conseguir unha protección ambiental real da praia da Calzoa presentando un escrito á Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental, cunhas suxestións para incorporar no PXOM antes de que o Concello proceda á súa aprobación.
O BNG denuncia o "sectarismo" do goberno provincial e advirte de que non permitirá a volta "aos tempos tenebrosos do 'Louzanato'". Tamén lamenta que o goberno da Deputación reproduce "o mesmo 'modus operandi' que se aplica tamén na CRTVG".