Veciños de Vigo piden ás administracións recuperar as vivendas da Sareb para aluguer social: "Que pasa? Por que non temos casa?"

Segundo reclamaron, este 2024 ten que ser o ano do "dereito real a unha vivenda en aluguer social", polo que pediron un "pacto institucional" para recuperar todas as vivendas da Sareb, empezando polas 42 desta rúa, para que pasen ao parque público, sumando as da rúa Aragón ou as antigas vivendas abandonadas dos profesores dos colexios públicos, entre outras.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 18/01/2024 | Actualizada ás 15:22

Comparte esta noticia