Comisiones Obreras (CC.OO.) denunciou a "ausencia dun sistema de refrixeración axeitado" nas naves que provoca que traballar resulte "inhumano e mesmo perigoso para a saúde das traballadoras".
  comenta   0
Comezou no oficio con 14 anos, cando as condicións laborais deixaban moito que desexar. Volveu a el tras 15 anos traballando en fábricas conserveiras pola gran vantaxe que ten ser redeira: a conciliación. Agora, aos seus 42 anos, enfróntase a un futuro incerto cun sector do mar en declive. "Mentres existan mariñeiros que saian faenar, existirán redeiras para reparar as súas redes". A pregunta é: ata cando existirán mariñeiros?
  comenta   0
A impulsora do movemento 'Non podemos máis' lamenta que a ministra Mónica García non cumprise co compromiso alcanzado hai un ano.
  comenta   0
A CIG-Saúde denunciou que o Ministerio de Sanidade comete "un novo engano" ao propor unha reclasificación profesional no Estatuto Marco dos sanitarios pero sen incremento salarial.
  comenta   0
Traballadoras de residencias privadas mobilizáronse este venres na Coruña e Lugo en demanda dun convenio colectivo que "dignifique" as súas condicións laborais e salariais.
As delegadas demandan un convenio colectivo que recolla salarios dignos e condicións laborais xustas, e esixen á Xunta que deixe de privatizar os coidados.
  comenta   0
"Hoxe miles de empregadas e empregados públicos saímos á rúa en toda España para esixir que se negocie e se melloren as condicións laborais que temos e en defensa do modelo sanitario de Muface, que está en serio risco pola cicatería do Goberno e corre tamén o risco de sucumbir por inanición", declarou á prensa o presidente da Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), Miguel Borra.
  comenta   0
O portavoz da Executiva do PSdeG, Xullo Torrado, lembrou que "Galicia é das comunidades autónomas que ofrece peores condicións laborais aos seus profesionais" e "a que menos paga aos MIR".
  comenta   0
Un cento de avogados presentaron a súa renuncia a exercer na quenda de oficio de penal xeral e únense ás decenas de letrados que se apartaron deste servizo en varios partidos xudiciais galegos en protesta polas condicións nas que realizan o seu traballo.
  comenta   0
Isto co obxectivo de entregarlle á empresa "as firmas individuais recollidas nas dúas últimas semanas entre máis do 70 % das traballadoras das tendas da provincia da Coruña reclamando que se reactive a mesa de negociación provincial para abordar as melloras que quedaron pendentes".
A CIG congratulouse este luns de que, grazas á "presión movilizadora", a administración aceptase estender "a todo o persoal" o acordo de mellora de condicións laborais dos brigadistas que traballan no servizo de loita contra incendios de Galicia.
  comenta   0