José Manuel Romay Becaría, ex alto cargo franquista, fichou a Núñez Feijóo para a política. Se hoxe o líder do PP é o que é, é grazas a este político e avogado de Betanzos. Pero a relación entre os dous tampouco se entende sen o papel de Carmen Martín de Pozuelo, a sobriña de Romay, desde hai case 20 anos alta directiva da empresa Atos. Esta é a historia dun padriño político, dun afillado aventaxado e da sobriña empresaria.
  comenta   0
O conselleiro de Educación alerta dun "caos xurídico" que "quita oportunidades aos alumnos" pero descarta a desobediencia.
  comenta   0
O goberno galego busca "convencer" o Executivo central "de que a lei non é inconstutional". Repróbanlle que non se iniciasen as conversas antes de interpor o recurso
  comenta   1
O informe do Consello de Estado é preceptivo, pero non vinculante, para que o Goberno eleve ao TC un recurso de inconstitucionalidade, para iso conta cun prazo tres meses desde a súa publicación no DOG o 26 de febreiro de 2021 (é dicir, ata o 26 de maio de 2021).
  comenta   0
O Executivo de Feijóo endureceu a loita dialéctica con Sánchez na Moncloa. Tamén o Goberno Rajoy levou algunha lei galega ao TC.
  comenta   0
Segundo defende o Goberno, a norma realiza unha serie de modificacións en medidas preventivas por razóns de protección de saúde pública e do réxime sancionador que recibiron observacións de inconstitucionalidade por parte dos correspondentes departamentos ministeriais.
  comenta   0
A formación de Pablo Casado vén de levar ao Constitucional o texto da Lei Celáa argumentando que se trata dun "atentado contra a liberdade".
  comenta   6
O Consello de Estado declara que hai suficiente evidencia científica para demostrar o perigo canceríxeno do po de sílice. As mineiras alegaban que recoñecer esta enfermidade “supoñía imporlle ás empresas cargas inxustificadas”.
  comenta   2