Despois de conseguirse unha redución horaria ás 35 horas semanais, o problema xurdiu que esta supuxo que non queda garantido nin o proxecto educativo nin as tutorías coas familias.
  comenta   1
Traballadoras das escolas da Galiña Azul, centros de día, residencias e outros servizos xestionados polo ente irán á folga para mostrar o seu rexeitamento a un proceso selectivo que, denuncian, non busca a estabilización do persoal senón que "desmantelará" os equipos de traballo.
  comenta   0
Caballero achaca a unha lei da Xunta que "abusa contra o Concello" a desestimación do seu recurso por parte do TSXG.
O fallo vén a raíz das escolas infantís compartidas entre administracións e o atraso nos pagos por parte do ente local.
O comité trasladou a súa disposición a desconvocar a folga "para dar tempo a negociar propostas", aínda que advertiu de que a medida é "temporal" e non se descarta retomar o paro se non se obtén unha solución.
  comenta   0
Algunhas persoas concentráronse na estrada de baixada á carballeira, onde se celebrou o acto político, para protestar contra os parques eólicos ou para denunciar a situación das traballadoras do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
  comenta   2
Escolas infantís, centros de día e fogares residenciais poderían quedar colapsados durante varias semanas á volta do verán para demandar "diálogo" da Xunta.
  comenta   0
A Xunta vén de convocar un proceso selectivo para o consorcio, pero as traballadoras advirten da situación na que quedan, que pode suporlles a perda do seu posto de traballo.
  comenta   0
Nos catro anos da segunda lexislatura, sendo Micaela Feijóo delegada rexional de Eulen en Galicia, esta empresa facturou 17 millóns a través de contratos con consellerías e fundacións dependentes do Goberno galego.
  comenta   1
Galicia Confidencial fai un repaso pola situación das residencias integradas creadas pola Xunta para concentrar nelas os maiores contaxiados en centros privados. Hai voces que apuntan a unha estratexia para defender os intereses das residencias privadas e quitarlles o peso dos contaxios. Outros sinalan á improvisación, présas e falta de coordinación. Pero,son as residencias integradas realmente unha chafallada?
  comenta   2
A Xunta di que se están a seguir os protocolos. Os traballadores do Consorcio Galego do Benestar denuncian que non se lles fai ningunha proba ata que presentan síntomas.
  comenta   0
A CIG di que se establecen quendas de 15 días ininterrompidos ao persoal de servizos sociais deste organismo. A Consellería de Política Social, da que depende o Consorcio, responde que as medidas non inclúen horarios de 24 ou 38 horas.
  comenta   0
Pedía ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar a devolución de matrículas da gardería da súa filla por entender que pagou de máis "Con iso daríase pábulo á fraude de lei porque se podería beneficiar ás unidades familiares de maiores ingresos", di o alto tribunal galego.
  comenta   0
As traballadoras do Consorcio que tiveron un/ha fillo/a no 2017 non se beneficiaron do incremento da base de cotización como consecuencia do Acordo asinado entre a Xunta e sindicatos para a Integración. A CIG reivindica que estas mulleres quedaron fóra do acordo "por estar parindo e coidando aos seus fillos".
  comenta   1