“Todo o mundo sabe como se produce a carne barata. Os holandeses e os alemáns hai moito tempo que sofren as consecuencias, por iso agora veñen aquí e andan cebando porcos....", din desde o MEL. O SLG corrobora a implantacion dun novo modelo gandeiro lesivo, mentres que ADEGAL asegura que "cada vez se están facendo mellor as cousas".
  comenta   0
O conselleiro delegado de Abanca, Francisco Botas, visitou as instalacións do Grupo Coren onde ambas compañías aproveitaron para renovar o seu compromiso de colaboración.
  comenta   0
Ambas empresas asinaron un contrato de subministración eléctrica a cinco anos para a cobertura das necesidades enerxéticas de Coren e garantir un ‘horizonte estable de prezos’.
  comenta   0
A cárnica celebra o acordo coa entidade eléctrica, que lle permitirá esquivar as fluctuacións dun mercado cuxas subas afogan os pequenos consumidores.
  comenta   0
Trátase do fillo do alcalde dunha localidade ourensá. A planta, que rematou por colapstar tras o incendio, estaba xestionada por Coren.
  comenta   0
A contaminación por nitratos na Limia e a Baixa Limia é un grave problema medioambiental que afecta á saúde das persoas. A Confederación Hidrográfica Miño-Sil redactou hai xa máis dunha década un informe para declarar masas de auga afectadas os acuíferos da comarca e o encoro das Conchas. O Goberno de Rajoy paralizou a declaración que, tres anos despois da entrada no Goberno do PSOE, segue gardada nun caixón. Namentres, a Xunta continuou a autorizar novas granxas e a conceder ampliacións.
  comenta   0
Interpelada polas zonas contaminadas por nitratos, a Xunta aduce que para proceder a esa declaración "necesítase previamente" unha declaración estatal.
  comenta   0
A Fiscalía de Medio Ambiente de Ourense arquivou o mesmo procedemento ao entender que non había afectación ao medio ambiente. A empresa xa construíu unha nova balsa para evitar novos episodios de contaminación.
  comenta   0
O Goberno central aprobou a actualización do real decreto sobre contaminación producida por nitratos, que endurece as medidas para loitar na loita contra esta contaminación.
  comenta   0
A cooperativa ourensá vén de pechar un convenio de compra coa empresa Alibós de Monterroso, a maior colleitadora do sector de Galicia, para abastecerse durante o 2022.
  comenta   0
Os galardóns recoñecen, en diferentes categorías a valorar, as mellores granxas de porcino a nivel nacional. A gala de entrega de premios foi a pasada fin de semana en Lleida.
  comenta   0
Galicia é a segunda CCAA que máis contribúe á crise climática polas emisións destas granxas, segundo Greenpeace.
  comenta   0
Ecoloxistas en Acción denuncia que a empresa leva máis dunha década verquendo xurros nun encoro ante o "silencio" da administración. "A Xunta segue concedendo autorizacións para máis macrogranxas", aseguran.
  comenta   0
"Isto quere dicir que, desde marzo de 2019, a empresa dispón para o seu beneficio dese tempo cedido temporalmente polos traballadores a cambio de nada", denuncian desde os sindicatos.
  comenta   0
Co lema "A Limia non atura máis xurros" asociacións ecoloxistas deron voz ao problema da contaminación nesta comarca. Defenden que Coren debe reducir a carga gandeira e que a Xunta debe declarar zonas vulnerables por nitritos.
  comenta   0
A empresa cárnica pídelle un millón de euros por denunciar a contaminación xerada na Limia pola sobreexplotación gandeira. Greenpeace denuncia as prácticas abusivas de Coren e lembra que a carga gandeira da comarca creceu un 114%, mentres que a poboación diminuíu un 19%.
  comenta   0
O 23 de setembro declaraba ante o xuíz, Miguel Fernández, xerente do Centro Tecnolóxico da Carne. Acusacións de presunta malversación de fondos, falsidade e prevaricación son os presuntos delitos que se investigan desde 2017. Forzas políticas da oposición denuncian o desmantelamento dos centros de investigación agraria competencia da Xunta e, no seu canto, apunta a creación de fundacións creadas para favorecer intereses privados e mercantilistas.
  comenta   2
Manuel García, agricultor da Limia e membro do Movemento Ecoloxista da Limia (MEL), rexeitou a conciliación coa empresa Coren nos xulgados de Xinzo de Limia. A empresa pídelle un millón de euros.
  comenta   0
43 colectivos asinan un manifesto en apoio a Manuel García, activista do MEL (Movemento Ecoloxista da Limia) citado a un acto de conciliación no xulgado polas súas denuncias contra esta empresa, que lle pide un millón de euros por "prexuízos".
  comenta   0
Un manifesto sae en apoio do agricultor denunciado por Coren tras dicir nun programa da TVE que era a propietaria dun aspersor de xurros que contaminaba un monte comunal.
  comenta   0
A denuncia parte dunhas declaracións en que dito representante ambiental indicaba que a empresa ourensá de alimentación, utilizaba aspersores para verter xurros en terreos agrícolas. Desde a organización ecoloxista cren que a denuncia pretende frear unhas charlas sobre gandería intensiva no campus da Universidade de Ourense.
  comenta   0
Os veciños de Amorece, en Celanova, denuncian que os xurros da granxa cárnica de Coren está creando graves problemas de contaminación en mananciais e correntes de auga da zona. O último caso parece ter crispados os ánimos pois mesmo os veciños cuestionan a actuación das autoridades competentes para control medioambiental.
  comenta   1
O director xeral da Consellería de Medio Ambiente mantivo un encontro este martes con gandeiros e ecoloxistas no que confirmou que esa zona padece unha situación de colapso por xurros.
  comenta   0
A CE revelou que a principios de mes abriuse un expediente sancionador ao Estado español por incumprimento da Directiva de Nitratos. O deputado de En Marea Davide Rodríguez tamén pide á Xunta que interveña para rematar coa contaminación por xurros nesta comarca
  comenta   0
A empresa cárnica mostra o seu apoio ás iniciativas de protección ambiental na comarca da Limia e di que defende “todas aquelas medidas que permitan facer compatible o labor agrogandeiro co coidado da contorna” tras as denuncias de partidos políticos e ecoloxistas.
  comenta   0
A SGHN considera que as sucesivas consellerías con competencia en medio ambiente non poden alegar descoñecemento das consecuencias que tería a autorización de novas granxas desta empresa ou ampliación das existentes e poderían ter incorrido en “neglixencia, deixamento de funcións ou prevaricación”.
  comenta   0
A eurodeputada Lidia Senra e o parlamentario Davide Rodríguez foron testemuñas directas de coma un camión desta empresa cárnica foi sorprendido descargando excrementos de polo nun descampado desta comarca de Ourense. Esta é a crónica desa visita que o Movemento Ecoloxista da Limia (MEL) realizou polos puntos críticos dos verquidos ilegais das industrias de producción intensiva de carne que Coren ten espalladas por toda a Limia.
  comenta   4
Os traballadores prestaban servizos en empresas do grupo cárnico a través da falsa cooperativa Servicarne. A incorporación farase logo de máis de dez anos desde as primeiras denuncias individuais que acabaron en inspeccións laborais obrigando á incorporación destas persoas ao grupo Coren.
  comenta   2
Nesta empresa cárnica do grupo Coren traballan 500 persoas, das que máis dun terzo o facían como autónomos para unha empresa subcontratada.
  comenta   0
Mobilización en Ourense polo despedimento dun traballador que participou nas protestas por "explotación laboral" nesta empresa cárnica e na súa filial. Será diante dos Xulgados de Ourense este martes.
  comenta   1
A cooperativa ourensana investigará no campo dos produtos do ovo canda a Universidade de Kyoto. Xapón xa é un dos prinicipais destinos da carne máis selecta da empresa.
  comenta   0
A cárnica amagou con marcharse a Portugal se os asalariados seguen resistíndose a que incopore máis autónomos, precarizando as condicións.
  comenta   0