En concreto, Sumar pide na súa iniciativa, que se debaterá na Comisión de Industria da Cámara Baixa, a aprobación, o máis axiña posible, dun Plan Estratéxico que modernice a actividade da compañía, tendo en conta a crise climática á hora de definir o seu modelo de negocio e que incorpore na súa elaboración ao persoal, establecendo procedementos democráticos de participación no seu deseño.
  comenta   0
O cambio climático e os seus efectos xa están aquí, avanzan a un ritmo moito máis rápido do que se podía predicir. O uso de renovables non é suficiente para cubrir a demanda de enerxía do mercado actual e os expertos apuntan tamén a compatibilizala coa enerxía fósil. Tamén algunhas empresas apostan por iniciativas verdes para compensar a pegada do carbono.
  comenta   0