O profesor de Antropoloxía na Universidade de Santiago de Compostela (USC) Xosé Ramón Mariño Ferro fala co Galicia Confidencial sobre os diversos símbolos relixiosos que se conservan en Galicia e sobre o futuro das romarías.
  comenta   1
O Galicia Confidencial fala coa antropóloga Lidia Mariño sobre as historias que rodean á Santa Compaña como agoiro de morte, a poucas horas de que comece o seu período de máxima actividade: a Noite de Defuntos.
  comenta   0
O GC visita da man de Sole, guía colaboradora da axencia Troulanda, o considerado por moitos como o cemiterio máis bonito de Galicia, para adentrarse na súa parte máis mística. Se queres coñecer máis historias, teñen unha visita guiada durante a Noite de Defuntos.
  comenta   0
Foi atopada no ano 1781 nas catacumbas romanas de Santa Inés e traída a Galicia por un emigrante galego que adquiriu a súa imaxe en Cádiz. Cada 27 de setembro réndeselle culto nunha multitudinaria festa onde os exvotos son protagonistas.
  comenta   0
A través de códices, obxectos de ourivaría en ouro e prata, vestiduras sacras e pezas cotiás, 'Tesouros Reais' busca trasladar ao visitante á orixe da tradición cristiá e ao momento no que Xerusalén constituíu un verdadeiro "centro do mundo"
  comenta   0
No Concilio de Trento fálase de que o purgatorio existe, pero que as ánimas poden saír del coa mediación dos vivos: rezando oracións ou pagando misas. E cal é a maneira máis rápida de recaudar os cartos para este pago de misas? Coa creación das capelas de ánimas, que, como detalla a historiadora Melodi Parga, moitas veces mesmo teñen un peto, un esmoleiro, para recoller a esmola.
  comenta   0