A empresa Allwork Vestuario Laboral tería multiplicado os seus contratos coa Xunta durante a pandemia tras fichar ao home da número dous do PP galego, segundo publica o xornal El Salto. "Quero lamentar que se poña en dúbida a miña honestidade e a da miña familia co único obxectivo de facer dano", responde Prado.
  comenta   0
Critican que o sindicato "difame así un servizo crave e pretenda alarmar inxustificadamente á poboación, pondo en dúbida algo tan sensible como a seguridade do paciente crítico".
  comenta   0
Científicos da Universidade de Santiago de Compostela demostran a eficacia da esterilización de máscaras FFP3 baseada en CO2 supercrítico, “un método de esterilización seguro, sostible e rápido para máscaras contaminadas que preserva o seu rendemento”. Tras 10 ciclos de desinfeccion, as máscaras seguían sendo altamente eficaces. Consideran que sería útil aplicalo en hospitais.
  comenta   0
Haberá PCR por contacto con positivo pero só ao 5º día e faranse probas de antíxenos para os asintomáticos, non PCRs. O persoal que traballa en centros de saúde non terá que facer corentena se teñen toda a vacinación e traballan con EPI adecuado.
  comenta   1
Varios directores de residencias e responsables das patronais do sector entrevistados sinalaron que cando acudían ás bolsas de emprego "estaban esgotadas". "Se eu cobro 2.000 euros no SNS e teño mellores condicións laborais, non vou ir a traballar a unha residencia por mil e pico euros", dixeron algúns traballadores.
  comenta   0
O propio presidente galego aconsellaba o seu uso como método máis eficaz para parar a transmisión da pandemia. A CIG denuncia á Xunta por non subministrar estas máscaras nos centros que xestiona.
  comenta   0
Sanitarios do CHUS denuncian que a área de Santiago deu ordes de non cubrir unha baixa coñecida de antemán, incumprindo a normativa anticovid do Sergas. Finalmente --explican--, a vacante foi substituída pero ante a negativa de algúns cargos superiores.
  comenta   0
A CIG afirmou que "hai escaseza de equipos de protección individual (EPIS)" e "obrígase ao persoal a facer tarefas para as que non están formados, ademais de prolongar e modificar xornadas de maneira abusiva".
  comenta   0
Os sanitarios da unidade denuncian “falta de material básico”, entre o que contan mantas, almofadas e pezas fundamentais para o funcionamento dos respiradores. Critican o “mal estado” dos seus equipos de protección: “algunhas batas teñen parches por todos os lados”.
  comenta   2
Os sanitarios sinalan a "continua falta de previsión", o que obriga a "dobrar quenda ou a mover aos profesionais dun lado para outro sen avisar", a pesar de "contar coa experiencia da primeira onda e saber que habería unha segunda".
  comenta   0
As familias alertan dun "deterioro cognitivo" pola falta de contacto: "persoas que antes falaban sen problemas xa non poden". Esixen poder facer visitas con EPIs e pasar o Nadal xuntos: "non os podemos privar de vivir para seguir vivindo". REDE lembra cun acto en Celanova que as condicións destes centros seguen sendo "precarias".
  comenta   0
Inspección de Traballo formulou varios avisos relativos a falta de actualización de medidas, ausencia de identificación de tarefas de maior risco ou insuficiente adaptación de persoal vulnerable aos postos de traballo que procedan.
  comenta   0
Sanitarios denuncian que o Sergas rexistra como “curados” pacientes que deixan de dar positivo pero seguen ocupando unha cama de UCI. Por outro lado, Sanidade podería estar contando como UCIs máis do dobre das unidades das que en realidade ten.
  comenta   0
Critican as xerencias por “obrigar” aos sanitarios a dobrar quendas ante a falta de persoal. Denuncian "acoso" dos superiores con chamadas "constantes" en días libres, pero tamén insultos e "ameazas". A falta de persoal, alertan, pode ter consecuencias fatais: “con esta dotación, pode morrer un paciente na mesma sala sen sequera darnos conta”.
  comenta   0
Os profesionais da UCI cargan contra a resposta da Xerencia á folga, á que acusan de "incumprir" as súas promesas.
  comenta   0
Os sanitarios denuncian falta de persoal, instalacións “obsoletas” e mesmo incumprimentos do protocolo do Ministerio. Segundo apuntan, o CHUAC está a usar unha UCI “insalubre” clausurada pola Inspección en 2017. En Santiago, a xerencia mestura persoal da UCI covid co da ‘limpa’. Mentres tanto, seguen subindo os ingresos: en Vigo están ó 100%.
  comenta   1
Desde Nais polo Clima piden que se lle siga dando visibilidade ao cambio climático, algo que segue ocorrendo aínda que agora o foco estea na pandemia.
  comenta   0
A muller ingresou no Cunqueiro por unha caída e fractura. Estivo ingresada unha semana na planta de Neurocirurxía porque a de Traumatoloxía no tiña camas ata que se lle fixo a proba. A familia asegura que tiña os síntomas do coronavirus cando a levaron e que informaron diso. Veu unha ambulancia con persoal con traxes EPI. Desde o Sergas manifestan que os síntomas eran "moi débiles".
  comenta   0