Rueda sobre os contratos da empresa da parella de Paula Prado: "Xa deu explicacións"

A empresa Allwork Vestuario Laboral tería multiplicado os seus contratos coa Xunta durante a pandemia tras fichar ao home da número dous do PP galego, segundo publica o xornal El Salto. "Quero lamentar que se poña en dúbida a miña honestidade e a da miña familia co único obxectivo de facer dano", responde Prado.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/03/2024 | Actualizada ás 20:40

Comparte esta noticia

"Xa deu as expliacións pertinentes". Deste xeito despachou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, unha pregunta sobre o substancial incremento de contratos, case 146.000 euros, dunha empresa da parella da secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, vendendo fundamentalmente traxes de protección EPI á Xunta durante a pandemia da Covid-19.

Paula Prado (PPdeG), en declaracións aos medios
Paula Prado (PPdeG), en declaracións aos medios | Fonte: PPDEG

Segundo publico o xornal El Salto, a empresa Allwork Vestuario Laboral, con sede en Santiago de Compostela, multiplicou a súa facturación coa Xunta de Galicia e entes dependentes desta co inicio da pandemia e xusto despois de que entrase como socio Francisco Antonio Otero Illodo, que é o marido da actual número dous do PP galego, Paula Prado.

Segundo este xornal, antes de 2020 non se rexistrou apenas actividade da compañía coa administración pública galega, pero nos tres anos seguintes aparecen 38 contratos menores, é dicir, a dedo, por un importe total de 145.975,72 euros.

Paula Prado respondeu a ese xornal que a súa posición na Xunta, "en ningún caso" serviu para favorecer a esa empresa. "Quero lamentar que se poña en dúbida a miña honestidade e a da miña familia co único obxectivo de facer dano (...) A empresa que menciona é provedora desde a súa creación de todo tipo de clientes: fundamentalmente de firmas privadas e, en menor medida, de administracións públicas de moi distinto signo político", dixo. Ademais, Prado asegura que os contratos públicos logrados por Allwork tamén creceron con gobernos locais doutros partidos con cifras similares desde que o seu marido entrou na empresa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta