O primeiro grande estudo estatal sobre o impacto desta enfermidade en contaxiadas confirma que, aínda que son minoría fronte aos homes infectados, elas tamén están expostas ao virus, principalmente por relacións sexuais, e teñen taxas de complicacións maiores que os varóns.
  comenta   0
A discriminación cara persoas con VIH continúa anos despois de que os antirretrovirais reducisen as posibilidades de transmisión. O paradoxo é que os coñecementos sobre o virus parecen ir decaendo, sobre todo en xente moi nova. Prácticas sexuais de risco, unha “formación” sexual baseada na pornografía e unha actitude de relaxación na sociedade poderían levar a un aumento de casos.
  comenta   1
Un informe do ISCIII revela que a circulación da gripe incrementouse a medida que diminuían as distintas ondadas da Covid.
  comenta   0
Expertos advirten das consecuencias psicolóxicas negativas desta nova epidemia en contaxiados e sanitarios, e alertan do sinalamento público á comunidade gai, como aconteceu coa sida.
  comenta   0
As relacións sexuais son a principal vía de transmisión e o grupo de poboación máis afectado son os homes que teñen sexo con outros homes. Pero os científicos piden non estigmatizar o colectivo gai e avisan de que se poden producir casos en grupos poboacionais cun perfil diferente.
  comenta   0
Encarando o final da Semana Santa, os casos activos volven aumentar e sitúanse nos 13.007, que supoñen 883 máis, ao haber máis contagios (1.472) que altas (581), ao que se suman oito falecementos.
  comenta   0
A Xunta informa de 37 novos falecidos por coronavirus, a segunda maior cifra tras os 40 comunicados o luns. A Coruña segue sendo a provincia máis afectada.
  comenta   0
A memoria colectiva de Mesía está atravesada polos acontecementos sucedidos no Nadal do ano 2000: uns camións descargaron centos de vacas mortas nunha canteira abandonada do concello. A veciñanza púxose en pé na defensa daquela terra, e a súa loita traspasou fronteiras.
  comenta   0
O presidente da Xunta reprobou ao alcalde de Friol, o popular José Ángel Santos, que acusou ao titular de Medio Rural, José González, de ser unha "nova pandemia" para o agro. "Son unhas declaracións inxustas", dixo.
A Xunta, 20 anos despois do enterramento de vacas tolas en Mesía: "A situación na zona é de total normalidade". O único caso de encefalopatía esponxiforme bovina en Galicia nos últimos anos é un atípico, rexistrado en Ortigueira en 2019.
  comenta   0
Asegura que "se están distribuíndo aos puntos de vacinación para normalizar" a súa administración, primeiro coas "citas xa reservadas".
  comenta   0
Denuncian longas xornadas laborais sobrecargadas de traballo e menos días de descanso e a inexistencia dunha xestión axeitada do que está acontecendo nos centros tanto por parte de Política Social coma do Sergas.
  comenta   0
A epidemia de COVID-19 e o decreto do estado de alarma fixeron esborrallarse o uso do transporte urbano a mínimos históricos.
  comenta   0
CIG, CCOO, UGT e ANPE acusaron este venres á Xunta de antepor os seus intereses financeiros aos dos centros educativos e rexeitan o protocolo de seguridade da Covid-19 presentado por Educación.
  comenta   0
A teleasistencia non funciona nestes casos, a pesar de ser o modelo da Xunta. Expertos sanitarios alertan sobre os efectos desta drástica redución e piden ás sociedades científicas e autoridades sanitarias que promovan, a pesar da actual situación, un tratamento adecuado.
  comenta   0
O colectivo Mar de Fábula apela á concienciación social, ao fomento da reciclaxe, á redución dos plásticos e á correcta separación dos residuos nos fogares. Temen que as luvas e máscaras se convirtan no novo lixo mariño.
  comenta   0
Galicia é un territorio periférico (o Finis Terrae) e a súa poboación vive dispersa en aldeas, vilas e cidades pequenas. A chegada de persoas de fóra é escasa (se pechamos o Camiño de Santiago) e non temos un aeroporto internacional con excesivo tránsito de estranxeiros. Esta situación tivo, nesta epidemia do coronavirus, un efecto protector. Neste caso foron as condicións propias da nosa xeografía as que nos protexeron.
  comenta   0
Este investigador lucense explica que "o risco de rebrote por coronavirus é evidente". Agora haberá que ver, di, "con cantos casos pensamos que podemos convivir". Ao seu parecer, se as medidas de contención se aplicaran "cinco ou seis días antes", a situación sería moi distinta.
Feijóo basease nos informes dos seus xuristas e do seu comité de expertos para convocar as eleccións en xullo. Só En Marea apoia esta postura. PSdeG, Galicia En Común, BNG e Ciudadanos acusan a Feijóo de romper as súas promesas e insisten en que xullo non é un bo momento para garantir a seguridade sanitaria dos galegos.
  comenta   0
A formación di que a semana pasada celebráronse asembleas de En Marea con "éxito" e abordouse esta posibilidade de "retomar a iniciativa de crear unha plataforma galeguista".
  comenta   8
Caballero censura que Feijóo "priorice" os seus intereses electorais antes que "a saúde" dos galegos. En Común recela dos informes "ambiguos" e desliza que Feijóo quere "amañar o proceso" electoral. O BNG cre que os informes non dan "garantías democráticas nin sanitarias" para eleccións e pide a Feijóo rectificar. O PPdeG apoia que as eleccións sexan "canto antes" e esixe á oposición ser "leal" aos galegos
  comenta   1
Asegura que o seu grupo de expertos dille que hai que facer as eleccións canto antes porque virán milleiros de turistas en xullo e agosto. E, precisamente, o presidente galego quere convocar aos galegos en xullo, en plena época de rebrotes.
  comenta   7