Ademais dos atractivos doutras edicións, como son os numerosos postos e paradas que haberá por toda a zona vella, as Xustas Medievais, a Cetrería ou os Campamentos Medievais –un deles infantil--, este ano contarase cun Gran Dragón, o espectáculo ‘Errantes’ --con seres chegados do outro mundo--, e un concerto do grupo medieval Grimorium.
  comenta   0
Esta declaración por parte da Xunta en relación á Feira Medieval espérase tendo tramitado a solicitude convenientemente dende o concello e cumprindo ese 2025 vinte e un anos ininterrompidos de celebración. O orzamento para esta edición, que terá lugar os días 19 e 20 de abril, alcanza os 108.000 euros.
O concello vén de presentar a campaña promocional dun dos seus eventos máis relevantes. Celebrarase os vindeiros 19 e 20 de abril e espera ter en breve o recoñecemento coma 'Feira de Interese Turístico Galego'.
Bufóns, pallasos e carros de leprosos animaron as rúas, creando un ambiente festivo e interactivo.
  comenta   0
As rúas empedradas do centro histórico enchéronse de vida nun día asollado e festivo, con coloridas bandeirolas, postos artesanais e deliciosas ofertas gastronómicas que transportaron aos visitantes a tempos remotos.
  comenta   0
O Concello de Monforte vén de presentar a programación oficial da que será a XX Feira Medieval, un evento que, en palabras do seu Alcalde, "constitúe unha das citas de lecer mais importantes de Galicia na fin de semana de Semana Santa”. Cun orzamento que rolda os 100.000 euros, a cidade mergullarase no medievo e tanto veciños como visitantes gozarán dun amplísimo programa de actividades, algunhas delas non antes vistas.
Comeza a conta atrás para a celebración dun dos acontecementos máis relevantes para a cidade que terá lugar os días 30 e 31 de marzo. Camiño desas datas o concello vén de presentar a campaña que promove o evento e anuncia tamén que solicitará á Xunta a declaración de 'Feira de Interese Turístico Galego'.