Monforte potencia a Feira Medieval camiño de ser 'Festa de Interese Turístico de Galicia'

O Concello de Monforte vén de presentar a programación oficial da que será a XX Feira Medieval, un evento que, en palabras do seu Alcalde, "constitúe unha das citas de lecer mais importantes de Galicia na fin de semana de Semana Santa”. Cun orzamento que rolda os 100.000 euros, a cidade mergullarase no medievo e tanto veciños como visitantes gozarán dun amplísimo programa de actividades, algunhas delas non antes vistas.

Por Galicia Confidencial | Monforte de Lemos | 18/03/2024 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia