Imaxino que a miña cara, cando atopo unha librería de vello, debe ser semellante á que Jim Hawkins, o neno protagonista da novela de Stevenson “A Illa do Tesouro” pon cando atopan os cofres que os levaran a aquela illa. Hai anos pasei horas entre as estanterias da libreria “Moucho” na cidade vella da Coruña, na que abondaban os obras de temática política, e xusto antes da pandemia, hai algo mais dun ano, atopei, recen aberta, Folla Vellas.