Nós Diario, GCiencia ou Orgullo Galego entre os premiados do III Fondo de Proxectos Culturais do Reino de Galiza

Os traballos premiados recibirán 188.515 euros, repartidos en galardóns de entre 10.000 e 20.000, que outorga a área de Cultura.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2025 | Actualizada ás 13:34

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña fixo públicas o quince propostas gañadoras do III Fondo de Proxectos Culturais do Reino de Galiza, un certame que ten como obxectivo "combater a desmemoria e o esquecemento" do pasado medieval da comunidade a través do apoio a inciativas que "contribúan á súa divulgación e posta en valor".

Segundo informa o organismo provincial, os traballos premiados recibirán 188.515 euros, repartidos en galardóns de entre 10.000 e 20.000, que outorga a área de Cultura, en mans da nacionalista Natividade González. Entre eles, atópanse unha novela gráfica sobre a historia do viño na comunidade galega, un proxecto transmedia de visibilización das raíñas galegas, un podcast medieval e unha mantelería de mesa con motivos do Reino.

Algúns dos gañadores da segunda edición do certame 'Fondo de proxectos culturais Reino de Galicia'. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Algúns dos gañadores da segunda edición do certame 'Fondo de proxectos culturais Reino de Galicia'. DEPUTACIÓN DA CORUÑA

OS PROXECTOS

‘Laudatio funebris no Reino da Galiza Da morte,  o pranto e o alén’, de Noente Paradise, que recibirá 20.000 €.

‘As grandes raíñas galegas na historia, de Sermos Galiza (14.515 €).

‘Martiño de Dumio: unha ollada á espiritualidade popular no Reino de Galiza’, de Orgullo Galego (14.000 €).

‘Cómic-novela gráfica sobre a historia do viño en Galiza’, de Santos e Gonta (14.000 €).

‘Iohanes in Eremo’, de Vanesa Trevín Pita (14 000 €).

‘Raíñas de Galicia. Proxecto transmedia de visibilización das protagonistas da nosa historia’, de Ciencia Galega Industrias Creativas (14 000 €).

‘A costa e os castelos’, de Alejandro Gándara Porteiro (14 000 €).

‘Reino de Galicia á escena’, de Alba Bermúdez Iglesias (14 000 €).

‘Rolán, Orlando, Roldan transita polo Reino de Galiza’, de Ignacio Vilariño Sanmartín (10 000 €).

‘Do Reino (e) dos amores proscritos. Un reino esquecido, unha historia por contar’, de José Alberto Rodríguez Bello (10 000 €).

‘A Revolta, un podcast medieval’, de Fernando Rodríguez Gómez (10 000 €).

‘Verdades e mentiras da Gran Revolta Irmandiña’, de CRU Producións (10 000 €).

‘Mantelería individual de mesa para restauración en papel conforme a normativa-Reino da Galiza’, de Alberto Sánchez Regueiro (10 000 €).

‘Personaxes no mapa do Reino,’ de Suseia (10 000 €).

‘Códice feminino’, de María Rúa (10 000 €).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta