Como se pode comprobar, case diariamente, dende o pasado mes de Novembro -co trunfo de Trump nas eleccións presidenciais norteamericanas- o foco da atención internacional está practicamente concentrado no que se cociña nos despachos da Casa Branca.
  comenta   0
Non se pode descoñecer a crecente importancia das dinámicas que se rexistran no escenario internacional na evolución da situación social e política dunha parte relevante dos Estados actualmente constituídos. Cando se vivía nun mundo basicamente bipolar, a lóxica da confrontación entre o bloque encabezado polos USA e o que pilotaba a URSS diminuía substantivamente a marxe de autonomía das políticas desenvolvidas no seo dos distintos países dun ou doutro bloque. Hai 40 ou 50 anos, todo resultaba mais previsíbel e a grande maioría dos gobernos xa tiñan codificadas as respostas que debían dar aos feitos que acontecían na area internacional.
  comenta   0
Esa loita sen cuartel pola igualdade das persoas, por crear un mundo no que todos podamos vivir con dignidade, marcou sempre a actitude política e persoal de Fidel", indicou o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, de Alternativa dos Veciños.
A Casa Museo Ángel Castro de Láncara foi inaugurada hai dous anos como centro de interpretación da emigración galega, con motivo do 98 natalicio de Fidel Castro
Seguramente o Comandante Fidel Castro foi un dos homes máis destacados da historia da humanidade. A súa capacidade intelectual, a súa concepción global do mundo e o seu compromiso cos pobos que loitan pola súa dignidade, a soberanía e a paz, convertérono nun importante estadista e referente internacional.
  comenta   0