A Fundación Fragas do Eume ten por obxecto a mellora da calidade paisaxística participando activamente na conservación do espazo natural e fomentando a custodia do territorio.
  comenta   0
Están afectados polo Plan Reitor de Usos e Xestión (PRUX) que a Xunta de Galicia presentou "sen dar resposta a moitas das alegacións, sen compensacións xustas polas limitacións para os usos das terras".
  comenta   0
Entre os obxectivos, ter un catálogo de flora e fauna foráneas e de especies exóticas invasoras e apostar pola substitución de masas de eucalipto por frondosas.
  comenta   0
Tamén avoga pola posta en marcha dunha estratexia de promoción que equilibre os fluxos turísticos coa "necesaria protección dunha contorna tan sensible".
  comenta   0
Varias entidades ecoloxistas denuncian que o Plano Reitor de Uso e Xestión deste espazo natural segue sen ser aprobado desde 1999 e critican a "permisibidade" que existe con especies como o eucalipto.
  comenta   0
Así se expresa a asociación Arco Iris, que denuncia que a administración "non foi quen de aprobar o Plan de Uso e Xestión do parque".
  comenta   0
O Courel e Valdeorras, os peores lumes na historia de Galicia. Só no que vai de agosto xa arderon 7.000 hectáreas.
  comenta   1
.. é un rastro de ausencias esquecidas nos espellos, no frío das cinzas apagadas... Xulio L.Valcárcel
  comenta   0
A piques de facer o seu 25 aniversario, este parque aínda carece de plan reitor de uso e xestión (PRUX). As entidades ecoloxistas, que son pesimistas respecto do futuro do espazo, denuncian seren tratadas pola Xunta como "convidadas de pedra" na "apresurada" elaboración do plan.
  comenta   0
Catro persoas foron auxiliadas por axentes da Garda Civil despois de que unha delas sufrise unha lesión nun xeonllo ao caer mentres realizaban unha ruta no parque natural das Fragas do Eume.
  comenta   0
As entidades de custodia mercan, alugan ou chegan a acordos de distinto tipo para restaurar hábitats ou conservar espazos de alto valor ambiental. Protexen afloramentos únicos no mundo abandonados pola Administración, eliminan invasoras, reforestan con especies autóctonas dunha determinada bisbarra, limpan o monte e os ríos.
  comenta   0
Segundo o organismo de xestión da auga, os proxectos xa contaban con informe desfavorable da Xunta, segundo apuntou a directora do ente, Teresa Gutiérrez.
  comenta   0
O 'boom' eólico ten unha consecuencia directa: un 'boom' de unidade veciñal. A unidade veciñal replícase e, se cadra, a alternativa a un modelo enerxético pasa por demostrar que non son pequenas aldeas, son "centos de miles de afectados".
  comenta   0
A administración Feijóo mantén conxelada a ampliación deste espazo dende 2011. Agora, Iberdrola podería construír 13 eólicos "a poucos metros" do parque natural. Adega apunta que, de consumarse o parque, sería moi difícil ampliar a zona de protección no futuro.
  comenta   0
Adega carga contra o plan da empresa para instalar milleiros de eucaliptos e recorda anteriores "incumprimentos", como o episodio de turbidez que a Xunta tentou explicar aludindo a causas "naturais" e rematou sendo culpa da empresa.
  comenta   0
A loita contra a "avalancha" dos aeroxeneradores chega a Monfero tras o anuncio dun parque proxectado sobre zonas protexidas.
  comenta   0
Realizan tamén traballos de reforestación con especies autóctonas, adecuación de camiños e sinais ou eliminación de especies alóctonas.
A asociación ecoloxista Arco Iris insta á Consellería de Medio Ambiente a que "se decida a abrir con urxencia un expediente informativo contra o concello de Monfero, causante deste gravísimo impacto".
  comenta   0
O Xurés, o Macizo Central, as Fragas do Eume e O Courel están entre estas actuacións. Aposta polas enerxías renovables, a eliminación de especies exóticas invasoras e o fomento do emprego verde. a recuperación de hábitats.
  comenta   0
O eurodiputado Nicolás González Casares denunciou á Xunta ante a Comisión europea pola súa deixadez ante a xestión da Rede Natura. Ecoloxistas en Acción, pola súa parte, denuncia que a Xunta teña a intención de outorgar explotacións mineiras sen avaliar.
  comenta   0
A turbidez das augas no río Eume durante o mes de outubro provocou que Pontedeume non subministrase auga do río para o consumo humano. Moitas voces denuncian que o río serviu como “vertedoiro” de Endesa durante décadas. Colectivos ambientalistas e veciños da zona denuncian que o encoro do Eume, o máis grande da zona, foi simplemente un depósito de residuos durante corenta anos.
  comenta   2
A temperatura era moi alta, a humidade baixou á metade e o ambiente moi seco. Unhas condicións idóneas para a propagación do lume. Son datos que se poden saber con tempo e utilizar para unha mellor prevención, pero a Xunta segue sen activar un sistema de alerta.
  comenta   4
O Consello da Xunta aprobou este xoves o plan reitor de uso e xestión dos parques naturais de Serra da Enciña de Lastra e O Invernadoiro, ambos na provincia de Ourense.
  comenta   0
Estas axudas facilitan o acceso a información sobre rutas, servizos, patrimonio, flora e fauna dos diferentes lugares.
  comenta   0
A voz de alarma deuna un dos auxiliados, quen dixo que se deron conta que ao chegar a un tramo de auga non o podían atravesar porque un deles non sabía nadar.
  comenta   0
Os sindicatos denuncian a “improvisación” da Xunta para facer fronte os primeiros grandes lumes do ano con case 1000 hectáreas queimadas en tres días. Lembran que en 2012 outro gran incendio primaveral arrasou as Fragas do Eume e non se cambiou nada. A Xunta insiste na intencionalidade dos incendios.
  comenta   2
O que ía ser un "Gugenheim ambiental" é hoxe un bloque de formigón comesto pola vexetación. Lembra o acontecido co centro interpretación das Gándaras de Budiño, hoxe un esquelete urbanístico. Adega denuncia o abandono dos parques naturais galegos e das súas especies.
  comenta   2
As plantacións de eucalipto pasaron de 1.125 a 1.340 hectáreas nos 13 primeiros anos de xestión do Parque Natural. O bosque autóctono perdeu 646 hectáreas no mesmo período.
  comenta   0