Francisco Fra é o herdeiro de sete xeracións de carpinteiros de ribeira en San Cibrao, Cervo. En 2023 un incendio destruiu o que foi o lugar de traballo da familia durante décadas xunto á ría de San Cibrao. Grazas a un crowdfounding busca agora abrir un novo estaleiro nun novo emprazamento para promover, divulgar e fomentar a carpintaría de ribeira.
Nun tempo no que o plástico e a produción industrial dominaron os mares, a carpintería de ribeira galega resiste coma un legado vivo. A través da historia dos estaleiros de San Cibrao e Bueu, esta reportaxe mergúllase nun oficio milenario que está a redefinir o seu papel como patrimonio cultural, identidade e posibilidade de futuro