Francisco Fra: "É necesario conservar a carpintaría de ribeira por todo o que ten aportado á sociedade"

Francisco Fra é o herdeiro de sete xeracións de carpinteiros de ribeira en San Cibrao, Cervo. En 2023 un incendio destruiu o que foi o lugar de traballo da familia durante décadas xunto á ría de San Cibrao. Grazas a un crowdfounding busca agora abrir un novo estaleiro nun novo emprazamento para promover, divulgar e fomentar a carpintaría de ribeira.

Por Galicia Confidencial | A Mariña | 08/09/2025 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia