Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 06/09/2025 | Actualizada ás 19:30
Un variado programa de actividades sumado a unha exposición conmemoran en Bande 50 anos desde o inicio das escavacións arqueolóxicas do xacemento romano 'Aquis Querquennis'.
Ata alí desprazáronse este sábado, entre outros, o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Anxo Santalices, con motivo dos actos centrais desta celebración. Estes traballos iniciáronse en 1975 da man do profesor e arqueólogo Antonio Rodríguez Colmenero, segundo lembrou López Campos. Desta forma, situou o xacemento como "referente do potencial que ten o patrimonio histórico no turismo cultural de Galicia", en referencia a este Ben de Interese Cultural cunha media de 30.000 visitantes anuais.
Pola súa banda, na súa intervención, Santalices destacou o papel do antropólogo Florentino López Alonso-Cuevillas, o primeiro en comezar a escavación nese enclave, así como o de Rodríguez Colmenero. O campamento romano asentado na beira do Limia era unha fortificación cunha extensión de 25.000 metros cadrados e rodeada por unha muralla sólida de catro portas e outras tantas torres defensivas. Foi un recinto practicamente inexpugnable con capacidade para albergar uns 600 lexionarios romanos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.