Se os gobernantes son os que deben dar exemplo de ética e humanidade, dende hai un tempo, debido a diversos feitos e decisións políticas que se van coñecendo no mundo, a deriva cara unha deshumanización da política é evidente. Cando as persoas son tratadas como números e mercancías ademais de xogar coa súa dignidade sen pudor é un indicativo de que algo vai mal.