Novo Misal Romano en galego para revitalizar o uso do idioma nas igrexas do país

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2024 | Actualizada ás 17:59

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou este venres na presentación dunha versión actualizada e revisada do Misal Romano en galego, co que se pretende "potenciar" o uso do idioma en diferentes ámbitos como o relixioso.

Deste xeito, e a través dun convenio co Arcebispado de Santiago, editáronse 1.500 exemplares baixo o selo da editorial da Conferencia Episcopal Española, que se distribuirán a través das dioceses galegas. Na presentación, na que tamén interveu o arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández, e o bispo de Ourense, Leonardo Lemos Montanet, explicaron que se trata dunha edición revisada e actualizada do texto, respectuoso co medio ambiente e que tamén estará dispoñible en soporte dixital.

"FAVORECE A DINAMIZACIÓN"

Segundo indicou o representante autonómico, esta iniciativa nace da colaboración con outras institucións para achegarse a "grandes grupos" da poboación. Así, destacou que este misal "favorece a dinamización da lingua no ámbito litúrxico facilitando que os sacerdotes poidan oficiar as cerimonias relixiosas católicas en galego".

"Contar con este libro é todo un logro, o resultado dun exhaustivo traballo para actualizar os textos desde a súa primeira publicación, isto require un esforzo porque non se pode editar por unha editorial común", esgrimiu. Nesta liña, indicou que "outro dos avances" é contar co Misal Romano en galego en soporte dixital, xa que estará dispoñible para as persoas interesadas no 'Portal da Lingua', co obxectivo de "incentivar" o contido en galego no ámbito das tecnoloxías.

Por outra banda, subliñou a "gran capacidade" da Igrexa en Galicia para chegar a "grandes grupos" de xente e lembrou que o obxectivo do 'Pacto pola Lingua' é "abarcar todos os ámbitos posibles".

O Misal Romano en galego conta xa cunha nova versión actualizada e revisada para 'potenciar' o uso do idioma. XUNTA
O Misal Romano en galego conta xa cunha nova versión actualizada e revisada para 'potenciar' o uso do idioma. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta