Asistimos, eu con preocupación, a unha sorte de manifestacións sobre a prensa e a liberdade do Vicepresidente do Goberno de España en sede lexislativa. Que non son, cando menos, para estar en parámetros democráticos europeos. A semántica é chave para entender que non se está a falar de mellorar unha situación ou sequera de regular unha acción do goberno.