A instalación, promovida por Gandaría de Rañón, terá capacidade para aloxar un total de 1.262 cabezas de recría de vacún leiteiro de distintas idades, equivalentes a 741 prazas de gando vacún leiteiro adulto.
  comenta   0
Empezaron con ovellas e cabras para agora incorporar gando vacún, concretamente 20 bois, no que será o terceiro proxecto da Fundación Ramón González Ferreiro, quen puxo en marcha a granxa.
  comenta   0
Juan Gestal, epidemiólogo e catedrático xubilado de Medicina Preventiva na USC, amósase convencido de que "a ameaza dunha futura pandemia de gripe é real". Apunta a un recente estudo que determinou que "unha soa mutación (antes pensábase que eran precisas tres) na hemaglutinina do clado 2.3.4.4b do virus aviario A (H5N1) podería mellorar significativamente a súa capacidade de unirse a células humanas".
  comenta   0
A Unión de Pequenos Agricultores e Gandeiros (UPA) alertou de que, en concreto, a EHE, unha enfermidade que afecta especialmente o gando vacún, provocou, en numerosas comarcas leiteiras e en especial en Galicia, unha afectación de máis do 95 % das granxas, producindo un alto nivel de mortalidade e síntomas moi graves nas vacas.
  comenta   0
Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega realiza subastas para a venda de novelas, que chegan alcancar os 3.100 euros.
  comenta   0