Oriol Sarmiento, xerente de Cluergal, defende que "hai que investir en mellorar as redes e desenvolver sistemas de almacenamento" ante unha transición enerxética que deixa retos sen resolver.
  comenta   0
Tras a noite máis escura, Galicia acende de novo a luz: o ciclo combinado toma o relevo das renovables nunha recuperación enerxética marcada polo retroceso temporal na transición verde.
  comenta   0
A tarifa de último recurso (TUR) de gas natural individual sen impostos incrementarase a partir deste mércores, 1 de xaneiro, un 10 %, mentres que a TUR veciñal incrementarase entre un 13,5 % e un 18,3 %, segundo o BOE.
  comenta   0
O Goberno mantén tamén a prohibición de cortar as subministracións básicas de luz, auga e gas aos consumidores vulnerables en caso de falta de pagamento, neste caso ata finais deste ano. E concédese o carácter indefinido á TUR de gas para comunidades de veciños.
  comenta   0
"Sempre se di que Galicia exporta máis do que importa, porque nos sobra, e non é tan así, hai que saber o que exportamos e, en termos xerais, importamos máis do que temos", di a investigadora e profesora da USC Rosa Regueiro. "Fannos falta 11.411 xigawatios de potencia", asegura.
  comenta   0
Da man de Rosa Regueiro, investigadora e profesora da Universidade de Santiago de Compostela (USC) participante nas xornadas 'A cuestión enerxética en Galicia: entre economía, territorio e sociedade', organizadas polo Consello da Cultura Galega (CCG), coñecemos cales son as causas de que o modelo social económico actual estea en risco.
  comenta   0
Ferroglobe recibe unha das axudas máis altas de todo o Estado, con 11,7 millóns de euros para a planta de Arteixo. Esta produtora de silicio metalúrxico e outro tipo de aliaxes pretende a instalación dun forno ou reactor vertical eléctrico de biocarbón na fábrica para substituír o carbón de orixe fósil por carbón vexetal.
  comenta   0
Galiza sen gas denuncia que este gas axuda a rearmar a Rusia e tamén danar o medio ambiente en Estados Unidos, onde se estrae coa nociva técnica do "fracking". Reganosa di que "nin compra nin vende gas, senón que facilita a súa entrada en Galicia a través de Mugardos".
  comenta   0
O Goberno decidiu subir do 5 ao 10% o IVE, tras baixala do 21% en 2021 para facer fronte á crise e a guerra de Ucraína.
  comenta   0