O Festival Pardiñas, en Guitiriz, convida a empaparse de música, tradición e cultura galega do 2 ao 4 de agosto. Como cada ano, ademais do completo cartel de concertos, haberá Mostra de Instrumentos de Música Tradicional, Mostra de Artesanía, Recital Poético, Aberto de Billarda e outras actividades paralelas.
  comenta   1
'Tesouro' está situado nas Pontes e conta cunha potencia de 50,4 megawatts, con sete aeroxeradores. 'Santuario' enmárcase en Xermade, Vilalba, Guitiriz e tamén nas Pontes. Trátase dunha instalación con 161 megawatts, composta por 23 aeroxeradores.
  comenta   0
Segundo informou o 112 Galicia, foi o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 quen, sobre as 12.45 horas, contactaba coa central de emerxencias para comunicar a saída do helicóptero medicalizado con base en Santiago para evacuar a un home que sufrira un accidente de tractor nunha leira de Sinde.
O home, que carecía de carné por perda de puntos, estaba estacionado e desorientado na beiravía da autovía en Guitiriz.
  comenta   0
Con este programa, a Deputación ofrece descontos nos balnearios de Lugo, Pambre, Guitiriz e Pantón ás persoas maiores de 50 anos da provincia, que poderán acudir a estes establecementos cun acompañante que non teña necesariamente esta idade.