O Goberno denega tres parques eólicos nas catro provincias por non superar o trámite ambiental

Sumaban 241 megawatts de potencia proxectada, os tres impulsados por Green Capital.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2024 | Actualizada ás 15:34

Comparte esta noticia

O Goberno central denegou a solicitude de tres parques eólicos (Cima de Vila, A Boibela e Lucecú) en Galicia que sumaban 241 megawatts de potencia proxectada, os tres impulsados por Green Capital, por non superar o trámite ambiental. Segundo as resolucións publicadas polo Ministerio para a Transición Ecolóxica este mércores no Boletín Oficial do Estado (BOE), desestímase a petición de levar adiante o parque eólico Lucecú, de 115 megawatts de potencia, entre os municipios de Guitiriz, Vilalba e Xermade e Aranga.

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental deu por terminado en xuño de 2023 o procedemento de avaliación ambiental "por non contar con elementos de xuízo suficientes para formular unha declaración de impacto ambiental", polo que arquivou o expediente.

Igualmente, tampouco superou o trámite ambiental o parque da Boibela, con 72 megawatts, entre os concellos do Incio, A Pobra de Brollón, Quiroga e Ribas de Sil e San Xoán de Río e A Pobra de Trives. O mesmo ocorre coa chamado Cima de Vila, de 54 megawatts, nos municipios pontevedreses de Agolada, Vila de Cruces, Lalín e Silleda.

Contra estas decisións asinadas polo director xeral de Política Enerxética e Minas, Manuel García Hernández, cabe interpor recurso no prazo dun mes.

Varios aeroxeradores no parque eólico de Vilachá./ Carlos Castro - Europa Press / Europa Press
Varios aeroxeradores no parque eólico de Vilachá./ Carlos Castro - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta