Concretamente Galicia incrementa nun 6,3 % o emprego en I+D cun aumento en termos absolutos de 341 persoas, situándose como terceira Comunidade na que máis crece este indicador, só por detrás da Rioxa e Castela-A Mancha.
  comenta   0
Galicia tamén é a segunda comunidade autónoma que máis evoluciona en España con 5,39 puntos, unha nota que só superan Canarias --5,87-- e a cidade de Ceuta --8,05--.
  comenta   0
Desde o 2021 lévanse creado 24 empresas, os traballadores medraron un 6% e o gasto en I+D+i neste sector supón o 17% do total. A ciencia é unha prioridade para o Goberno galego como ferramenta para impulsar o progreso socioeconómico e mellorar a vida dos galegos.
  comenta   0
Estas convocatorias, dotadas con case 20 millóns de euros, financian ata 2031 o traballo de profesionais xa doutorados co obxectivo de que establezan unha liña de investigación
  comenta   0
A innovación de pemes en materia de proceso de negocio alcanza o 24,66% en Galicia, cunha brecha aínda maior coa UE, onde se eleva ao 41,24%. En España, esta taxa supón o 26,19%
  comenta   0
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) acaba de iniciar unha colaboración con Labiana, laboratorio farmacéutico especializado en saúde animal e humana.
  comenta   0
Miguel Calvo é profesor no centro CIFP Ferrolterra e xunto cun colega, Carlos Pérez e a colaboración de alumnos e outras persoas deseñaron e crearon unha máquina para o lavado do grelo. A máquina foi presentada no Fpinnova 2024 mostrando innovacións como reciclaxe da auga, limpeza por aire e desinfección por luz ultravioleta. Está en fase experimental e quen queira dispoñer dela pode contactar co centro CIFP Ferrolterra para probala nos seus terreos.
  comenta   0
Galicia Confidencial comeza a publicación dunha serie de artigos de sociólogos, politólogos, ex políticos e profesores universitarios, entre outros, nos que tenta analizar o que acontece en Galicia desde o punto de vista electoral. Unhas reflexións que tentan afondar na socioloxía do pobo galego e nas estratéxias políticas para tentar entender o que, elección tras elección, acontece neste país. O segundo artigo é Marcelino Fernández Mallo, economista, escritor e con ampla traxectoria no sector financeiro.
  comenta   0
Expertos galegos e do Norte de Portugal conclúen que é necesario potenciar o cultivo do pino do país (pinus pinaster) para o seu aproveitamento de cara ás novas demandas na construción e outros sectores. Os primeiros pasos a dar para unha revalorización do cultivo desta árbore serían uns prezos xustos pola madeira, o desenvolvemento dun tecido I+D+i arredor desta árbore e incentivar a construción de vivenda en madeira.
  comenta   1