Paula Teixeira, doutora en Lingüística (2024) pola universidade de Glasgow en Escocia. Foi lectora de galego na Universidade de Cork (Irlanda) e agora mesmo está levando adiante unha investigación posdoutoral con especial interese na regueifa. Este traballo enmárcase dentro dun proxecto moito máis amplo levado adiante desde a Universidade de Glasgow sobre linguas minorizadas e neofalantes grazas ao apoio dos fondos Horizon Europe. O traballo concreto de Paula Teixeira é o uso da regueifa tanto en neofalantes como falantes nativos.
  comenta   0
Henrique Monteagudo (Esteiro, Muros) é desde abril o presidente da Real Academia Galega (RAG). Fronte a el a realidade dun galego que perde falantes entre a xente máis nova. Como sociolingüista non lle sorprenden os datos mais si sente tristeza ante o fenómeno. Nesta etapa na RAG busca reforzar a súa presenza e entre os proxectos que ten diante están as obras no edificio da Academia, diccionarios en liña e a creación dunha Fundación pro-Academia.
  comenta   1
"A xente nova ve nas persoas que saen nas pantallas e nas redes sociais referentes dignos de imitar, molóns, persoas que marcan tendencia... E, entre eles, evidentemente, o peso do castelán é asoballante", expón o tamén investigador do ILG. "Urxe protexer aos mozos que falan galego; sen base de falantes, perdemos o futuro da lingua", advirte.
  comenta   2