Sindicatos policiais piden en Ourense non suplantar as súas funcións ante a creación de patrullas veciñais.
  comenta   1
José Antonio Santano avanza que o estudo de viabilidade para conectar A Coruña e Vigo estará listo a comezos de 2026.
  comenta   1
O deputado nacionalista Néstor Rego anunciou unha batería de iniciativas no Congreso para esixir ao Goberno central "un compromiso real" para que haxa máis servizos ferroviarios para Lugo.
Respecto ao aparcadoiro, está pendente a aprobación da modificación do proxecto para alcanzar as 900 prazas e, en canto se aprobe, levarase a cabo a obra coa previsión de que estea en funcionamento no verán de 2026.
A deputada socialista Paloma Castro cualificou de "indigno" o "incumprimento" do compromiso da Xunta de construír a estación intermodal de Vilagarcía, cuxos veciños "tardan máis en chegar ao Grove que a Madrid".
  comenta   0
Na actualidade está a executarse o pulo de terras baixo vías para crear un paso inferior que terá unha dobre funcionalidade, por unha banda, o acceso á plataforma central da estación e por outra o seu uso como paso peonil unindo desta forma o barrio do Sacro Corazón coa praza Conde Fontao.
O novo Plan Xeral, pendente de aprobación definitiva, prevé que ese espazo se converta nunha zona verde, aínda que a Xunta propuxo no seu día construír alí un centro interxeracional, con residencia de maiores e escola infantil.
Será provisional ata que rematen as obras da intermodal.
As obras que se realizan en Lugo para a construción da Intermodal teñen quendas de traballo durante as 24 horas, para poder acelerar a marcha das mesmas, o que xerou protestas veciñais en varias ocasións.
"É un paso máis da conexión entre Lugo e Ourense no corredor Atlántico, para levar a alta velocidade a toda Galicia" o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos.
O PPdeG acusa a Pedro Sánchez o PSdeG a Rajoy. O BNG reivindica o seu papel nos últimos avances
  comenta   1
O deputado Paulo Ríos denuncia unha "treboada perfecta" no transporte público e critica a falta de solucións para os problemas en autobuses e ferrocarril.
  comenta   0
González Casares explicou as prioridades para o próximos cinco anos, situou apostar polo crecemento industrial desde unha perspectiva "sustentable" e defender que Galicia "sexa escoitada" en materia enerxética.
  comenta   0
Compromete a licitación do novo contrato da planta de residuos de Nostián e parques infantís "a menos de 10 minutos".
Sostén que a normativa española segue sendo "máis xenerosa" que a europea e apunta á influencia de "competidores" na dicisión de modificar a política de indemnizacións.
  comenta   0
Goretti Sanmartín e o Foro Cívico repasaron os asuntos "de maior interese" para a cidade, como a parcela de Peleteiro, o orbital ou o aparcadoiro do CHUS.
A alcaldesa apunta que Aena trasladoulles que o aeródromo de Santiago ten "suficiente capacidade" para asumir estas operacións.
Segundo relatan veciños de Castrón Douro a Europa Press, o xabaril avanzaba ás 00.00 horas do xoves en solitario con dous coches detrás da Policía Local que advertían do perigo cun megáfono.
  comenta   0
Conta cun prazo de execución de 18 meses arrinca coa tarefa de roza e limpeza no termo municipal de Ames.
  comenta   0
"Serán menos de cinco minutos os que se tardará en pasar do autobús ao tren", indicou a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade na súa visita ás obras da nova estación de autobuses. Dela, dixo que a previsión é que reciba "500 expedicións diarias e 2,7 millóns de viaxeiros ao ano".
O Consello de Ministros autorizou este martes ao Ministerio de Política Territorial e ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) a asinar, a través de Adif AV, a modificación do convenio subscrito coa Xunta de Galicia e o Concello de Vigo para actualizar os prezos e os custos de construción dos novos accesos á estación intermodal de Vigo e así poder completar o proxecto.
O goberno local da Coruña aprobou hoxe, en Xunta de Goberno, o texto do convenio entre o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e o Concello da Coruña para o financiamento da estación intermodal, co que se transferirán 9 millóns de euros estatais.
Tras coñecerse a adxudicación este xoves, a alcaldesa de Lugo destacou que redundará na "competitividade" da urbe, no seu "crecemento" e na "mellora das comunicacións".