Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2024 | Actualizada ás 13:12
Un xabaril percorreu na medianoite entre o mércores e o xoves o centro da cidade de Santiago, onde foi avistado por diferentes veciños por rúas como Castrón Douro, O Hórreo, a estación intermodal ou o barrio de Sar. Segundo relatan veciños de Castrón Douro a Europa Press, o xabaril avanzaba ás 00.00 horas do xoves en solitario con dous coches detrás da Policía Local que advertían do perigo cun megáfono. Seguiu a súa camiñada nocturna por Curros Enríquez e Bernardo Barreiro.
Os bombeiros de Santiago explican que recibiron chamadas da presenza do animal na contorna de Brañas do Sar e a estación intermodal, así como Bernardo Barreiro. Finalmente, bombeiros e Policía Local lograron neutralizar ao porco salvaxe nun garaxe no Hórreo. Posteriormente, foi liberado no monte polos axentes.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Ferida tras envorcar a furgoneta nunha peaxe da AP-9, en Bergondo
- Morre en Baiona tras ser rescatado con síntomas de afogamento
- Atopan no Limia o corpo do home de 40 anos desaparecido en Xinzo
- Parlamento e sedes da Xunta acollen actos de condena polo crime machista da Coruña
- Unha bala aparece nun dos cristais blindado da sede da Axencia Tributaria en Ferrol
- Prisión para o detido por matar a súa parella na Coruña