O animal, segundo denuncian nun comunicado, "seguía vivo e retorcéndose nas imaxes", polo que "podería non aplicarse correctamente o aturdimiento previo obrigatorio en todas as matanzas caseiras segundo a normativa sanitaria galega".
  comenta   0
Os galardóns recoñecen, en diferentes categorías a valorar, as mellores granxas de porcino a nivel nacional. A gala de entrega de premios foi a pasada fin de semana en Lleida.
  comenta   0
A obra 'Jacinto', do cineasta Javi Camiño, vén de levar o premio do público cunha historia ambientada na 'Galicia baleirada'.
  comenta   0
Contarán cos gañadores do premio Galitwitter e outros creadores de contido para explorar cal é o futuro das novas narrativas en galego.
  comenta   0
A Misión Biolóxica de Galicia empregou a expertos e profesores universitarios para investigar como facer cultivos máis resistentes ou producir mellor gando.
  comenta   0
Unha recreación amosa, en clave de humor, a nova loita que se libra no rural galego; a oposición dos megaparques eólicos.
  comenta   1
A Mesa anuncia que conta con “seis veces máis sinaturas” das que esixe a lei galega para que a petición chegue á cámara. O apoio dos grupos, porén, segue no aire.
  comenta   10
A Garda Civil detivo a un clan familiar que presuntamente puido facerse de forma ilegal con produtos obtidos de matanzas. Tras as oportunas comprobacións, recoñeceron que se trataba dunha confusión.
  comenta   0
O porco bravo, tan mal considerado no rural galego, provoca en Francia as mesmas desfeitas: "en 34 anos nunca vira cousa igual", explica unha veciña.
  comenta   1
Iso é o que piden organizacións ecoloxistas que acusan á Xunta de manter esta práctica sen dispor dos estudos científicos adecuados.
  comenta   4
“A desesperación ía en aumento. O tempo detívose nunha espera sempiterna. As horas pasaban tan engorde que pesaban máis có chumbo”. (Cándido Paniagua Pousa, 48 horas).
  comenta   0
“Don Celidonio é igual por dentro que por fóra: carne e espírito son a mesma zorza, misturada e revolta, co mesmo adubo de ourego e pemento”. (Vicente Risco, O porco de pé).
  comenta   0
«Desconcertado polo golpe, o porco berra de dor e, asustado, afástase para ir refuxiarse na escuridade da estancia.» (Un lume azul, Pedro Feijoo).
  comenta   0
O Vicedo regulará con cita previa os visitantes deste enclave paisaxístico como xa se fixo na Praia das Catedrais. Só se deixará entrar a 25 persoas por cada 45 minutos.
O Venres Santo, por primeira vez na historia, non haberá 'Luar', pero, no seu lugar, programarase o especial 'Luar, canto te boto de menos'.
  comenta   0
É un ritual. A casa enteira se dedica plenamente a esta tarefa durante varios días, cada persoa con cadanseu rol. Falar da matanza do porco é falar de comunidade, de identidade, de tradición que sobrevive aos tempos fugaces.
  comenta   5
Nunha edición moi política, Feijóo acudiu á LII Feira do Cocido con boa parte dos seus conselleiros e do presidente madrileño, José Luis Martínez-Almeida.
  comenta   0