O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, asegurou este venres que a Xunta promocionará a cultura de Galicia e o Camiño de Santiago no marco do Festival Intercéltico de Lorient (Francia).
  comenta   1
É unha publicidade gratuíta xa que Galicia é o país convidado no Festival Intercéltico de Lorient. Non conta con ningún tipo de intervención da Xunta de Galicia, máis centrada en impulsar o Xacobeo.
  comenta   2
Carlos Núñez, Mercedes Peón e Milladoiro, entre a representación galeg. Catro novos gaiteiros galegos competirán polo Trofeo Maccrimmon de Gaita.
  comenta   2
O equipo feminino vén de gañar o Torneo Internacional de Madrid, onde participaron equipos de distintos puntos de Europa, como Irlanda ou Suíza. Este éxito súmase ao título de Campioas de Europa acadado o pasado ano en Lorient. Pola súa parte, o conxunto masculino tamén chegou á final, pero non logrou facerse coa copa.
  comenta   0
O gaiteiro profunda nas raíces musicais da “marca celta” nunha conferencia na Real Academia Galega. Lamenta a escasa atención que se lle presta en España á música tradicional.
  comenta   1
A decisión de esixir o "uso exclusivo de instrumentos tradicionais" xerou certa controversia entre quen emprega as gaitas marciás, un modelo máis achegado ao escocés, e quen defende a gaita "con trazos propios e autóctonos de identidade como país e cultura".
  comenta   4
Vivindo por primeira vez, e dende dentro, o festival intercéltico máis grande do mundo (case un millón de visitantes cada ano). Colaborar no FIL é unha experiencia altamente recomendable e unha maneira especial de achegarse ás terras irmás da Bretaña.
  comenta   0
150 artistas galegos participarán no maior festival céltico do mundo, que se celebrará do 5 ao 14 de agosto.
  comenta   0