O caso investigaba a manipulación da quilometraxe de vehículos de segunda man antes de ser postos á venda. Todas as demais probas bebían dos datos obtidos a través desas conversas
  comenta   0
Logo de ter sido anuladas as escoitas das que derivaba a operación, non se achegaron outras probas no xuízo oral. O caso, que se remonta a 2008 e que investigaba a manipulación da quilometraxe de vehículos de segunda man, quedou visto para sentenza
  comenta   0
O presidente galego nega que teña o control do ente público e di que “nunca interferiu” na información da TVG. Sobre a polémica cun cámara asegura que sempre respondeu ás preguntas que se lle fixeron.
  comenta   3
O reporteiro gráfico de TVE preguntoulle a súa opinión sobre a protesta dos "venres negros" que levan a cabo os profesionais dos medios públicos en contra da manipulación informativa.
  comenta   3
O deputado da Coalición Son, Xosé Lois Jácome, presentou unha moción na que defenderá as reivindicacións das profesionais dos medios públicos.
  comenta   0
Os profesionais da CRTVG e RTVE uníronse nunha manifestación histórica en Santiago de Compostela pola dignidade dos medios públicos. Lúis Villares (En Marea), Gonzalo Caballero (PSdeG) e Ana Pontón (BNG) sumaron o seu apoio a esta loita.
  comenta   1
A Corporación Radio Televisión de Galicia leva tempo en situación convulsa. Anuncio de modificacións na programación e a desaparición das conexións locais. Demisión de dous presentadores de informativos, un deles con expediente disciplinario. Venres Negros por sentiren que os están presionando para informar segundo uns parámetros determinados. Salarios por debaixo dos cobrados en 2010. GC analiza cos actores sindicais e coa propia compañía o que está a acontecer con este ente público do que dependen máis dun milleiro de persoas. Vídeo anunciando a manifestación do día 8 de setembro.
  comenta   3
A oposición acusa o ente público de informar de "realidades paralelas" e critica o "desmantelamento" do servizo.
  comenta   0
O xornalista pontevedrés leva tempo denunciando xunto a outros compañeiros e compañeiras do ente público estatal, as dobres varas de medir, a manipulación e ocultamento nos servizos informativos da corporación pública española. Falamos con el mentres ten lugar o primeiro debate da moción de censura presentada por Pedro Sánchez no Congreso dos Deputados.
  comenta   1
Veciños de Corcoesto acusan ao xornal e ao seu delegado de beneficiar e protexer ao rexedor popular José Muiño Domínguez tras iniciarse procedementos xudiciais contra el.
  comenta   10
"Vostedes queren facerme parva, pero non son parva" di unha traballadora da Xustiza, indignada coa manipulación de medios públicos e algúns privados. Nunha misiva ao GC explica con números e cifras a situación da xustiza en Galicia.
  comenta   1
O Comité Intercentros da CRTVG di que as declaracións de Luis Ojea “son partidarias, ofensivas e impropias dun responsábel dunha canle de titularidade pública, que debe respectar os principios de integridade, honestidade, imparcialidade, obxetividade”.
  comenta   9
Xaime Arias suxire que a cobertura destes días foi mellor que a de 2006 e insiste que a TVG e a RG "estiveron alí", nos principais incendios, informando. Os sindicatos da CRTVG critican que o seu comunicado é "desafortunado" e "carente da humildade e da autocrítica que o momento requría, e prepotente ata o extremo".
  comenta   4
Raquel Lema, xornalista, traballadora da CRTVG, ex-presidenta do Comité Intercentros, non ten pelos na lingua para falar alto e claro sobre o que acontece nos medios públicos do país. “Algún día haberá repercusións penais por practicar a manipulación informativa”, subliña nesta entrevista. E deixa claro que unha cousa é o labor dos traballadores “que se partiron o lombo durante 24 horas para sacar adiante o seu traballo”, e outra os cargos directivos que non estiveron á altura das circunstancias.
  comenta   24
O Comité Interempresas da CRTVG difunde un vídeo para a mosar o seu rexeitamente ás prácticas manipuladoras da crise incendiaria.
  comenta   3
O Comité de empresa da CRTVG di que unha traballadora en prácticas da emisora pública foi conminada a omitir en directo a locución dun parágrafo no que informaba da afiliación ao Partido Popular de Melilla do presunto líder dunha célula xihadista.
  comenta   4
A oposición denuncia a censura informativa que se deu nun programa de informativos e que foi denunciado polo Comité de Empresa da CRTVG e polo Colexio de Xornalistas de Galicia.
  comenta   1
Os responsables de informativos eliminaron as críticas á Xunta e un parágrafo da información na que un técnico denunciaba que nas depuradoras galegas hai marisco foráneo.
  comenta   3
Persoal da canle pública maniféstase contra a censura que aplica a dirección para protexer a Jorge Fernández Díaz no caso da conspiracion co xefe da Oficina Antifraude de Cataluña. Vídeo no interior.
  comenta   15
O director xeral do ente público di que non houbo "modificación intencionada" de realidade durante a campaña electoral. O PSdeG denuncia que non se emitiu ningunha noticia que supuxera unha crítica ao PP.
  comenta   4
O director xeral da CRTVG di que non e responsabiliza das informacións ao "criterio" dos xornalistas. Toda a oposición na Cámara mantén o contrario e acusa ao ente público de non abordar con pluralidade cuestións como os conflitos no novo Hospital de Vigo ou a denuncia contra José Manuel Baltar.
  comenta   8