O Galicia Confidencial fala coa antropóloga Lidia Mariño sobre as historias que rodean á Santa Compaña como agoiro de morte, a poucas horas de que comece o seu período de máxima actividade: a Noite de Defuntos.
  comenta   0
A programación contempla, entre outras cousas, contos de medo e procesións da Santa Compaña. Celebrarase do 31 de outubro ao 3 de novembro.
  comenta   0
Do mesmo xeito que acontece noutras vilas mariñeiras como é o caso de Sanxenxo, o turismo deturpou a súa imaxe e a súa tradición e hoxe en día entre os seus hórreos multiplícanse as terrazas de restaurantes e as tendas de recordos deseñadas por e para os visitantes.
  comenta   0
En 1983 a obsesión de García Márquez por coñecer as súas orixes era tal que visitou Santiago de Compostela e, alí, entendeu "de onde sacara a avoa aquela credulidade que lle permitía vivir nun mundo sobrenatural onde todo era posible, onde as explicacións racionais carecían por completo de validez", é dicir, onde descubriu a orixe do realismo máxico.
  comenta   0
Uns emprendedores de Pantón ofrecen estes días a posibilidade de vivir un Halloween diferente convertendo o seu viñedo nun particular cemiterio onde non faltarán nin meigas nin seres malignos que saen das tumbas para volver ao mundo dos vivos…
Do 27 de outubro ao 1 de novembro, almas en pena, meigas e seres do alén reuniranse en Allariz.
  comenta   0
Os cargos da Inquisición de Santiago contra María López acusábana de lavar "moito a carne que traían da carniceiría para botar na pota, máis do que a adoitaban lavar os cristiáns vellos". A Margarida López reprendíaselle por volver casarse despois de que se enterou de que o seu marido, emigrado, morrera. E María Villarino foi delatada polas súas veciñas Isabel Cortés e María Rodríguez por terse transformado en gato.
  comenta   0
A confiscación de bens dos condenados por parte do clero era a práctica habitual. Por iso, a codicia de moitos inquisidores fixo que mesmo xente que nada tiña que ver con herexías nin prácticas de bruxería, e que profesaba a fe cristiá, ardese na fogueira ou fose torturada ata a morte.
  comenta   1