O alcalde de Pontevedra leva 20 anos gobernando a cidade do Lérez e aspira a continuar no cargo catro anos máis. “Fraga estivo ata os 80 anos. O alcalde de Vigo ten 73 e di que se vai presentar 20 anos máis. Eu nunca faría semellante cousa”, asegura. Destaca que el aporta “experiencia e confianza” nunha lista que “sempre se renova”. Presume de cidade e modelo. Un modelo di “que é referente en todo o mundo”e que considera que volverá triunfar nestas eleccións. É crítico coas deputacións pero, apunta, “mentres existan pois temos que facer un bo traballo nelas para eliminar o caciquismo”. Sobre a campaña agresiva de grandes medios suliña: “todos sabemos que responden a grupos empresariais e ideolóxicos” e que “queren influír na campaña”.